O BNG puntualiza a versión da AGAI

O BNG puntualiza as informacións da AGAI sobre a declaración contra o Holocausto e asegura que nin PP nin PSOE propuxeron texto alternativo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/01/2008 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias

Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

12 sigifredo

totalmente dacordo un que sabe

11 un que sabe

Os sionistas, ben aprendidos polos seus mestres nazis, saben aplicar perfectamente a doctrina do "intoxica que algo queda".

Neste caso, lanzan unha pedrada do tamaño dun mundo contra o BNG, acusando-os de xenófobos e de negar o Holocausto por non facer o que eles mandan.

Lendo a proposta do BNG, queda claro que hai unha condena expresa do "nazismo alemán e os seus colaboradores" asi como unha solidariedade tamén expresa cos "asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía".

E incluso, "pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias".

Cal é o problema que teñen os sionistas? Non se senten amparados por esta condena e solidariedade? Seguro que si.

Cal é o problema logo? Pois que se lle recorde aos fillos dos asasinados que se están comportando como os verdugos dos seus pais.

E como o BNG está en contra da xenofobia, denuncia unha situación que está a pór en perigo a vida de millóns de persoas por motivos raciais, relixiosos e ideolóxicos. A vida dos millóns de palestinos encerrados con muros e tanques nun campo de concentración chamado Gaza, no que os vixiantes impiden a entrada de comida, que funcionen os hospitais, etc. etc. etc.

10 Un que sabe interioridades

Aymerich debería demitir por deixar o Bloque co cú ao aire.

9 M.

O antisemitismo do Bloque queda de novo ao descoberto.

8 Xurxo

A min paréceme ben que o BNG saque un comunicado, unha nota, o que considere sobre Israel. Pero mesturar un conflicto acrual co Holocausto paréceme un erro incrible nunha organización que goberna na Galiza. Non sei como explicalo, ou tentalo cando menos, aos compañeiros e amigos que están escandalizados. E non son prosionistas precisamente!!