O BNG puntualiza a versión da AGAI

O BNG puntualiza as informacións da AGAI sobre a declaración contra o Holocausto e asegura que nin PP nin PSOE propuxeron texto alternativo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/01/2008 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias

Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Oscar

Eu as cousas así atallábaas dunha maneira máis simple:
máis subvención a cousas productivas e menos a chuminadas pseudodeportivas (ou sexa, con trasfondo mediático).
Independentemente de ideoloxía.
¿Para qué queres darlle os teus cartos a David Cal?

6 Xan

David Cal, laureado piragüista gallego y principal esperanza para los Juegos Olímpicos de Pekín, no recibirá ninguna ayuda económica de la Xunta por simple sectarismo ideológico. Los nacionalistas del BNG se niegan a darle ayudas por ir a defender los colores de España.

5 sigifredo

¿Onde están agora os da Agai? Agochados? ¿E todo o coro de fascistoides que atacaban ao BNG?

4 brian

Un texto que lembra o Holocausto contra os xudeos e tamén contra os demáis grupos étnicos e ideolóxicos asasinados industrialmente polos nazis. A xenofobia denunciada pola AGAI queda en entredito e a mesma asociación tamén. dende o principio souben que non podería ser doutro xeito.

3 xachodixen

E que pasa cos xenocidios que se comenten en Africa. Deles ninguén se acorda, ¿que pasa, que os palestinos son mellores que outros?