Anova insiste nas súas “coincidencias” con Podemos pero sen aclarar pactos

O deputado suliña que a aposta de Anova e de AGE é “conformar candidaturas unitarias cidadás de cara ás municipais para gañar nos concellos esa maioría alternativa”. Tampouco descartan ao BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2014 | Actualizada ás 09:05

Comparte esta noticia

Anova non oculta, desde hai días, o seu acercamento a Podemos e a outras plataformas políticas constituídas no Estado. Hai uns días, o co-líder desta formación mantiña encontros con dirixentes de Guanyem, en Barcelona e con Podemos, en Madrid. O propio Xosé Manuel Beiras ten destacado o papel da nova formación que dirixe Pablo Iglesias.

Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias
Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias

Por iso, o deputado de AGE Antón Sánchez insistiu este luns en que tanto Anova como AGE teñen “coincidencias” con Podemos en determinadas cuestións, pero non aclarou posibles pactos con este grupo político. Tamén dixo que non descarta outras formacións, como o BNG.

Nós estamos polas frontes amplas, pola unidade das organizacións que queren cambiar este réxime, e niso coincidimos con Podemos e mesmo co BNG", apuntou en declaracións aos medios. Neste sentido, suliñou que, a "efectos prácticos, e "nos próximos meses, a aposta de Anova e de AGE é conformar candidaturas unitarias cidadás de cara ás municipais para gañar nos concellos esa maioría alternativa, e niso estamos centrados. Non hai nada máis concreto que iso", precisou.

"Colaboraremos para que o que pensa a maioría da sociedade, a maioría dos de abaixo, trasladalo ás institucións políticas sen pór por diante os intereses de partido. Como se materializa iso tampouco, está só nas nosas mans", indicou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

7 morasleira

Estamos ante o comenzo do fin de Podemos. A imaxe e reveladora, si se mete Beiras adios Podemos.

6 podemosagorasi?

Primero digo que "Podemos é unha incógnita" y que las elecciones europeas no valen para "crebar o réxime", y con eso escribo una carta para que la militancia apueste por IU en lugar de por Podemos y otras alternativas. Luego, a toro pasado, me abro de piernas con Podemos. Máis ou menos así, esta é unha #descripcióngráfica

1 comunista independentista

Obxectivamente, Podemos antes das Eleccións Europeas era unha incógnita. Onde está o erro logo?

2 vivaybravo

En apostar a cabalo gañador, en non arriscar, en ter na man haber sido Anova en Galiza o que Podemos é a nivel Estado... Agora de secundóns e colonizados. biba el bino!

5 Antón de Guizán

Ben por Beiras e ben por ANOVA, na unidade da esquerda e do nacionalismo de esquerda está a alternativa ao Partido Podre. Non hai máis posibilidade que esa.

4 Chindasvinto

En ANOVA non saben que están prendidos de IU e que PODEMOS non quere saber nada coa casta do PCE e camuflaxes varios?

3 elenos

Quen moito apreixa, pouco apreta. Dito frentepopular