Anova insiste nas súas “coincidencias” con Podemos pero sen aclarar pactos

O deputado suliña que a aposta de Anova e de AGE é “conformar candidaturas unitarias cidadás de cara ás municipais para gañar nos concellos esa maioría alternativa”. Tampouco descartan ao BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/11/2014 | Actualizada ás 09:05

Comparte esta noticia

Anova non oculta, desde hai días, o seu acercamento a Podemos e a outras plataformas políticas constituídas no Estado. Hai uns días, o co-líder desta formación mantiña encontros con dirixentes de Guanyem, en Barcelona e con Podemos, en Madrid. O propio Xosé Manuel Beiras ten destacado o papel da nova formación que dirixe Pablo Iglesias.

Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias
Xosé Manuel Beiras e Pablo Iglesias

Por iso, o deputado de AGE Antón Sánchez insistiu este luns en que tanto Anova como AGE teñen “coincidencias” con Podemos en determinadas cuestións, pero non aclarou posibles pactos con este grupo político. Tamén dixo que non descarta outras formacións, como o BNG.

Nós estamos polas frontes amplas, pola unidade das organizacións que queren cambiar este réxime, e niso coincidimos con Podemos e mesmo co BNG", apuntou en declaracións aos medios. Neste sentido, suliñou que, a "efectos prácticos, e "nos próximos meses, a aposta de Anova e de AGE é conformar candidaturas unitarias cidadás de cara ás municipais para gañar nos concellos esa maioría alternativa, e niso estamos centrados. Non hai nada máis concreto que iso", precisou.

"Colaboraremos para que o que pensa a maioría da sociedade, a maioría dos de abaixo, trasladalo ás institucións políticas sen pór por diante os intereses de partido. Como se materializa iso tampouco, está só nas nosas mans", indicou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

2 Luís López Castromán

Primeiro marchan do Bloque, despois arrexúntanse con IU do PCE en AGE, agora fanlles as beiras a Podemos....e mañán?. Mañán Deus dirá, mais comigo non contedes. Eu creo na fronte ampla galega, é dicir...no BNG. Non está o que non quere. O nacionalismo galego e de esquerdas ten que estar unido.

1 Comunista

Fronte Ampla o BnG? Será polas amplas frontes dos seus líderes...

1 galegoexiliado

¿E a quén lle importan as coincidencias? A xente o que quere e librarse da CASPA e dos políticos que levades séculos mangoneando Galiza e Expaña. Ainda que vendo os movimentos de achegamento pa subirse ó carro gañador, a ver canto dura este esperimento do podemos, e canto tardan en acabar con él os buitres de sempre. Como se vos dixo centos de veces NON NOS REPRESENTADES, retirádevos e deixade paso á xuventude.