Dous novos falecidos con Covid en Galicia, onde os hospitalizados superan os 200

Os casos activos volven subir ata os 1.392, o que supón 45 máis

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Os pacientes ingresados con Covid-19 nos centros hospitalarios galegos superan os 200 e alcanzan os 203. Deles, 200 atópanse en planta e tres en unidades de coidados intensivos. Mentres, os casos activos volven subir ata os 1.392, o que supón 45 máis que os notificados a xornada anterior.

Segundo as últimas cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas deste luns, a área sanitaria onde máis subiron os hospitalizados foi en Vigo, que rexistra 38 pacientes ingresados en planta (+10). Ademais, tamén aumentaron os ingresos na área da Coruña e Cee, que alcanza os 66 (+3), e en Pontevedra e O Salnés, con 16 hospitalizados (+1).

Pola contra, descenderon os pacientes ingresados en Ourense, O Barco e Verín, con 28 (-5) e na área de Santiago e O Barbanza, con 21 (-1). Así mesmo, mantéñense as mesmas persoas ingresadas con Covid en Ferrol (6) e en Lugo, A Mariña e Monforte (28).

En canto aos casos activos, por áreas sanitarias, aumentaron en todas excepto na da Coruña, que rexistra 251 (-3), e na de Pontevedra, que notifica 120 (-2). Así, na área sanitaria de Lugo aumentaron ata os 185 (+16); en Ourense ata os 224 (+14); en Santiago ata os 207 (+10); en Vigo ata os 321 (+8); e en Ferrol, 83 (+2).

Ademais, o Sergas notificou dous novos falecementos producidos o 8 de decembro. Segundo asegurou o Servizo Galego de Saúde, trátase dun home de 61 anos e dunha muller de 79 anos. Ambos os da área sanitaria de Vigo e con patoloxías previas. Deste xeito, as vítimas con Covid-19 na comunidade galega desde que empezou a pandemia ascenden a 3.985.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) / Arquivo E.P. / Europa Press
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) / Arquivo E.P. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta