O Pacma denuncia a matanza caseira dun porco en Carnota por "mal aturdimento" e "mofa"

O animal, segundo denuncian nun comunicado, "seguía vivo e retorcéndose nas imaxes", polo que "podería non aplicarse correctamente o aturdimiento previo obrigatorio en todas as matanzas caseiras segundo a normativa sanitaria galega".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A coordinadora provincial do Partido Animalista Pacma na Coruña, Manuela García, anunciou que a interpoisición dunha denuncia ante o Seprona contra un veciño de Carnota que publicou nas súas redes sociais un vídeo arrastrando un porco recentemente degolado no seu domicilio, no marco dunha matanza en casa, e que podería estar "mal aturdido".

O animal, segundo denuncian nun comunicado, "seguía vivo e retorcéndose nas imaxes", polo que "podería non aplicarse correctamente o aturdimento previo obrigatorio en todas as matanzas caseiras segundo a normativa sanitaria galega".

Ademais, nas redes sociais cualificaron de "mal gusto" e de "mofa" o trato que esta persoa lle deu ao animal e que se publicou na rede social Facebook, nun vídeo posteado polo usuario para demostrar "a fazaña".

Segundo explica Pacma, nas imaxes o animal, de gran tamaño, está vivo nunhas e morto noutras, "momento no que o presunto infractor aproveita para deitarse ao seu lado e facer unha comparativa de estatura". O post foi borrado ás poucas horas "debido á cantidade de comentarios negativos recibidos", sinalan os animalistas.

Manuela García asegura que "non é a primeira vez que este individuo podería estar a incumprir a normativa galega", pois, asegura, "existen fotos subidas ao seu perfil outros anos con porcos apuñalados no pescozo, algo que está prohibido".

"O que outrora podía verse como algo habitual hoxe é diferente. Os animais non teñen por que experimentar este sufrimento e permitindo as matanzas caseiras é imposible garantir que se evite", sostén a coordinadora.

Porcos- Arquivo
Porcos- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta