O 5 de febreiro de 1994, hai agora pouco máis de 30 anos, as lousas do mercado de Markale, na zona histórica de Sarajevo, tinxíronse de sangue. Entre os postos destrozados os corpos sen vida de 68 persoas, no ar os berros dos máis de 100 feridos. Uns segundos antes estoupara unha granada de morteiro disparada polo denominado Exército da República Srpska, unha extensión irregular do exército serbio. As potencias occidentais protestaron enerxicamente, e quedaron so niso: vehementes comunicados que eran unha mostra da súa falta de determinación á hora de frear a guerra en Bosnia.
  comenta   0
O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.
  comenta   0
'Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras' é unha obra que recolle a evolución da Guerra Civil e do franquismo, que tivo o seu reflexo nos territorios que caeron primeiro no poder dos golpistas, como foi o caso de Galicia. O historiador Francisco Jorge Leira explica que os golpistas "comezaron a empregar unhas políticas moi semellantes ás que usou o réxime franquista despois de 1939 cando gañaron a guerra no resto do Estado".
  comenta   3
Aquel 25 de maio, dende as primeiras horas do amencer, a equipo de mecánicos e artilleiros da Aviación Lexionaria italiana afanárase por ter os nove avións da escuadrilla en perfectas condicións para voar.
  comenta   0
O animal, segundo denuncian nun comunicado, "seguía vivo e retorcéndose nas imaxes", polo que "podería non aplicarse correctamente o aturdimiento previo obrigatorio en todas as matanzas caseiras segundo a normativa sanitaria galega".
  comenta   0