O 'Xamón Selecta de Castañas' de Coren, protagonista en Xantar 2023

O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/11/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Xamón Selecta de Coren, coñecido popularmente como “O de Castañas”, tivo un protagonismo especial no certame Xantar 2023 que rematou este pasado domingo 5 de novembro en Expourense. 

Stand de Coren en Xantar 2023. Foto: Grupo Coren.
Stand de Coren en Xantar 2023. Foto: Grupo Coren.

Aproveitábase para darlle protagonismo a este produto de alta calidade por conmemorarse o 10º aniversario dende o seu lanzamento ao mercado en outono de 2013. O seu nacemento supoñía a chegada dunha nova categoría de xamón, “O de Castañas”, e unha repercusión social moi importante no sector agrogandeiro e no medio rural galego, contribuíndo ao seu progreso e xeración de riqueza.

O Xamón Selecta de Coren ou Xamón de Castañas procede de porcos de raza seleccionada criados de xeito tradicional, co máximo benestar, e que reciben unha alimentación con castañas, parte fundamental da súa dieta durante a fase de cebo.

RECUPERANDO FORMAS DE ALIMENTACIÓN TRADICIONAL

Coren recuperou a tradición coa que se alimentaban os porcos nas casas galegas antigamente, tempos nos que era habitual que comesen castañas nos meses previos á matanza, o cal outorgaba un sabor especial á carne. Actualmente, máis dun centenar de granxas do Grupo Coren crían porcos alimentados con castañas. Para a alimentación con este produto, a cooperativa galega adquire a castaña en tempada e logo cócese, pela e conxela para ter dispoñible todo o ano. A pasada tempada mercou 4.250 toneladas de castaña, o que supón xeración de riqueza no rural cunha repercusión para os produtores de 6,6 millóns de euros, e nestes momentos traballa xa para a compra de castaña para o ano 2024.

Este proxecto conleva tamén unha destacada repercusión ambiental, xa que contribúe á protección dos soutos e do medio ambiente, en consonancia cos principios fundamentais da súa Política de Responsabilidade Social.

PREMIOS INTERNACIONAIS

Os xamóns Selecta cúranse de xeito artesanal nos secadeiros de Coren en Lugo e baixo o agarimo dos mestres xamoneiros de Coren para acadar o seu delicioso aroma, intenso veteado e punto xusto de curación, para dar lugar a pezas artesanais e exclusivas, cun sabor que evoca á castaña e á tradición de Galicia. Este xamón foi premiado en numerosos certames internacionais, como os Superior Taste Awards de Bruxelas, os Great Taste de Londres ou o certame IFFA de Frankfurt. “Sabor delicioso, cun gran balance entre notas doces e salgadas” ou “un excelente produto” de “delicioso sabor aromático cun toque doce” son algunhas das cualificacións dos xuíces ao Xamón Selecta de Coren nestes certames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta