A empresa Kaefer debe aplicar a todo o persoal o convenio do metal segundo un xulgado do Social de Ferrol

"Isto é, a vontade das partes non pode desprazar o convenio que deba ser aplicado considerando a actividade real da empresa", sinala sobre un fallo que afecta a máis de 70 traballadores.

Por E.P. | Ferrol | 15/12/2022 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número 2 de Ferrol determinou que a empresa Kaefer debe aplicar a todo o persoal o convenio do metal, ao dar a razón á formulación da CIG, con maioría no comité de empresa.

Nun comunicado, a central sindical explica que a empresa lle está aplicando ao seu persoal o convenio provincial de construción "cando os traballadores e traballadoras, polas tarefas que realizan, deben estar regulados polo convenio de siderometal da Coruña, de condicións salariais, laborais e sociais superiores".

Agora, tras presentarse conflito colectivo, o Xulgado do Social número 2 de Ferrol resolve que "non son válidos os pactos entre a empresa e traballadores para decidir a aplicación dun determinado convenio colectivo en contra do ámbito funcional operativo do que, realmente, resulte aplicable".

"Isto é, a vontade das partes non pode desprazar o convenio que deba ser aplicado considerando a actividade real da empresa", sinala sobre un fallo que afecta a máis de 70 traballadores e con prestación de servizos ao estaleiro de Navantia en Ferrol ou a refinaría de Repsol, na Coruña.

Concentración ante os xulgados de Ferrol.
Concentración ante os xulgados de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta