A Xunta quere traer de volta a Galicia a 30.000 emigrantes en catro anos

O programa Galicia Retorna, que dá continuidade ao Retorna 2020, intensifica especialmente as accións de ámbito laboral e o asesoramento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deste xoves aprobou a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26, que duplica tanto en número de medidas como en investimento á súa predecesora, co obxectivo de facilitar o regreso á súa terra de 30.000 galegos residentes no exterior no próximos catro exercicios.

Así o explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa posterior á reunión do seu Goberno, na que destacou que, en total, o investimento será de 450 millóns de euros para o desenvolvemento de 100 medidas que implicarán a todos os departamentos do Goberno galego. A meta desta nova estratexia implicaría aumentar nun 30% o fluxo actual de retorno, ata as 7.500 persoas ao ano.

Na súa intervención, Rueda apuntou que a estratexia se dirixe a todos os galegos que residen no exterior, así como a aqueles que están noutras comunidades e desexan volver a Galicia, aínda que as medidas para cada caso non teñen "a mesma intensidade", apuntou.

Entre as iniciativas que se inclúen, o presidente galego destacou especialmente a "vertente laboral", o asesoramento --uno dos aspectos máis reclamados polos retornados--, o apoio en materia fiscal ou as cuestións formativas ou sociais.

UN DEREITO E UNHA VANTAXE COMPETITIVA

A Estratexia Galicia Retorna dá continuidade ao que foi o primeiro plan integral de fomento e apoio ao retorno que se aprobou e puxo en marcha en España, o Retorna 2020. A Xunta articulouno de modo transversal a todos os departamentos e partindo da idea do retorno "non só como un dereito" do residente no exterior, se non "como unha vantaxe competitiva" para incorporar á sociedade galega a persoas de distintos países con formación e experiencia profesional diversa, así como unha ferramenta contra o problema demográfico, destaca o Executivo autonómico.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside o Consello da Xunta desta semana
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, preside o Consello da Xunta desta semana | Fonte: David Cabezón - Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Sería ben coñecer os DATOS destes Programas... En Vigo temos moito venezonalo á fronte de cafeterías e non precisamente "humildes" que non se sabe de onde sacan os cartos nin canta axuda reciben da Xunta (?) A ver se imos estar a blanquear actividades opacas ? Sen ir moi lonxe Banesco é un Grupo Financeiro Venezolano que aquí opera co nome de ABANCA ! Retornados (?)

1 Sentidiño

Venezuelanos a montar cafetarías, o que hai que ver! E algúns serán xudeus!

2 Gamela

Brincadeiras as que tí queiras... pero mira se che gusta máis este galego de Ponteareas que non paga un peso en Galicia O "propietario" dos Escudos tributa en Venezuela, pasa alí 6 meses ao ano... Mentras as súas plusvalías seguen medrando os vigueses miramos os edificios por fóra, coma papanatas ! https://flic.kr/p/wuJoWD O falar seica non ten cancelas... ?