Levo escoitado moitos dicires nas contendas políticas. Hai certo tempo escoitei unha sentenza “nova”: perdeu o norte. Que alguén sexa sentenciado desa maneira quere dicir que xa non é razoable, que se comporta de forma desordenada, errática, coma se estivese desorientado. Cando lle din unha volta a tal cuestión, pregunteime quen dixo tal cousa estará a falar dunha enfermidade?, dunha cuestión ideolóxica?, ou de falta de lealdade o proxecto político?. A miña conclusión foi: dependerá do que conveña.
Os partidos é organizacións políticas, diante de calquera diverxencia, deberían permitir a posibilidade dun contraste en profundidade entre as diferentes posicións atraveso do fortalecemento do debate colectivo.
Cando as posicións teñen unha pegada salientable na estrutura non queda outra que dar cumprimento a normativa do debate, aínda que na articulación dese proceso a constante sexa a queixa e denuncia, tanto no referente ás prácticas non previstas na normativa, como á pouca imparcialidade de quen ten que vixiar e garantir o seu cumprimento.
As diferencias son sempre mal interpretadas e tenden a facer unha envolvente irrespirable en calquera organización. Por iso, cando agroman, deseguido da comezo a "festa" ata que sexa posible medir o seu peso cualitativo e cuantitativo. O tanxer das campás na posición maioritaria será de arrebato cun chamado urxente á disciplina e á lealdade. Tal é o medo xera a discrepancia que, será desposuida de calquera valór político e de positividade.
Só no caso dunha comprobada igualdade de forzas, a saída pode ter estas dúas variables: un acordo de síntese entre as diferentes posicións cunha estrutura de dirección equilibrada os apoios obtidos e a ruptura e a conformación de dúas organizacións. Nos demais casos, tratarase de apagar o lume canto mais axiña mellor e se é necesario empregando calquera medio e método. As confrontas desta natureza, a maioría das veces, son moi sinxelas. A dialéctica con tendencia a impoñerse é a da diferenciación entre bos e malos. Os argumentos, nese contexto, son secundarios.
A prioridade é facer unha primeira medición informal dos avais na estrutura e se as contas saen, facer unha convocatoria extraordinaria e formal (de acordo cos procedementos), co obxectivo teórico de pechar a crise. Gañar será o fundamental e todo o demais, será anecdótico. A lóxica terá que agardar mellores tempos. A resultante é un barullo con semellanzas as campañas publicitarias. Lembro agora daqueles slogans caralludos como o de " tres en un", "tinto do verán ", " o mais poderoso" "ter a tixola polo mango", etc... Puro subxectivismo e unha mestura conceptual interesada que permite ao que fai de “xuíz” saír de calquera enredo e dar resposta ás preguntas segundo conveña.
A lealdade é a causa, o proxecto, as ideas forza, a crítica construtiva e sempre é mellor un abandono a tempo antes que a submisión para manter calquera clase de privilexio ou liderado (tentarei desenvolver este asunto mais polo miúdo noutro artigo).
Hai ben anos, estaba a falar nunha taberna de Kalmar (Suecia) cuns compañeiros e compañeiras. Nas presentacións non me preguntaron, ti, de quen ves sendo?, senón, de onde viña? O tentar explicarlles a situación xeográfica da Nosa Terra, un deles sacou un mapa do peto e na súa lingua dixo, Söder (Sur). Dende aquela tiven interese por saber, se o norte existe ou é unha máis das convencións ás que chegamos para entendernos?. Pregunteime, que saberei eu e moit@s mais do asunto?
Fixen algunhas consultas nos libros e algo aprendín. Imaxinade a Terra vista desde o espazo. Onde quedaría a parte de arriba? Se dis o Polo norte, o máis probable é que coincidan moitas persoas contigo. Con todo, podes estar errado.
A incómoda verdade é que a pesar de que todos nos imaxinamos o mundo desa maneira, non hai razóns para pensar que o teito do mundo é o norte. A forma como quedou determinado desa forma é unha excitante mestura de historia, astrofísica e psicoloxía. Entender onde estás situado no mundo é unha habilidade básica de supervivencia, o cal explica por que os humanos, como a maioría das especies, teñen áreas especializadas do cerebro con numerosas conexións para crear un mapa cognoscitivo do que nos rodea.
Isto é así desde hai moito tempo tamén no que se refire a cartografía. A primeira versión dun mapa foi descuberta na parede dunha cova hai 14.000 anos. De acordo con Jerry Brotton, un historiador da Universidade Queen Mary en Londres especializado en mapas, "o norte foi de cando en cando colocado no tope, polo simple feito que de aí é onde vén a escuridade". Brotton di que aínda cando xa tiñan compases nesa época, non existe unha razón sólida para que o norte estea na parte de arriba dos mapas. Os primeiros foron feitos en China e foron deseñados para apuntar cara ao sur, que entón era considerado máis desexable que o escuro norte. Na cultura chinesa o emperador mira cara ao sur, porque de aí é onde vén o vento, por iso é unha boa dirección. O norte non o é , atópase nunha posición de subordinación cara ao emperador, explica Brotton.
No antigo Exipto o tope era situado cara o leste, porque de aí saía o sol. E as primeiras versións dos mapas islámicos dábanlle hexemonía ao sur, porque a maioría das culturas musulmás atopábanse ao norte da Meca, polo que os imaxinaron mirando cara ao sur. Os mapas feitos por cristiáns na mesma era (chamados mapamundis) situaron o leste no tope, apuntando cara ao Xardín do Edén, con Xerusalén no centro.
Entón, como todos se puxeron de acordo e decidiron poñer o norte como teito do mundo? A razón pola cal o norte comezou a ser a referencia ten que ver con exploradores como Colón e Fernando de Magallanes, pois na navegación a súa guía foi a Estrela do Norte. Brotton advirte que estes “adiantados conquistadores” imaxinaban o mundo a súa maneira co leste no tope. Hai que lembrar que naquela época "ninguén sabía cara a onde ían".
O mapa do mundo de Gerardus Mercator, de 1569, foi case seguramente cando comezaron a debuxarse os mapas co norte arriba. Mercator foi o primeiro en utilizar a palabra "atlas" e o seu mapa foi amplamente recoñecido como o primeiro en tomar en conta a curvatura da Terra, de maneira que os mariños puidesen cruzar longas distancias sen errar moito e mesmo proxectou os polos cara ao infinito. Segundo a súa descrición, ese detalle non importaba porque nesa época non estaban interesados en navegar cara a eles. O norte quedou arriba, pero a ninguén quería ir cara a alo. Con todo e iso, puido poñerse o sur arriba. Se cadra a decisión foi máis simple porque os europeos eran quen estaban a facer a maior parte das exploracións do mundo. Calquera que fose a razón, a idea de colocar o norte na parte de arriba tivo boa acollida.
Unha foto tomada por un astronauta da NASA en 1973, onde se observa a Terra co sur arriba, debido a que foi tomada mentres se realiza unha volta ao redor do planeta. A propia axencia espacial decidiu volteala para non confundir á xente. Con todo, cando comezas a mirar á Terra desde o espazo dáste conta que a idea de colocar un punto específico como tope carece de todo sentido. É certo que, tal como aprendemos na escola, a Terra alíñase no mesmo plano cos outros planetas do sistema solar, porque todos conforman a mesma nube de po que vira ao mesmo tempo.
Ata onde os astrónomos saben, realmente non existe un arriba ou abaixo no espazo. Así que a resposta á pregunta sobre cal é a parte de arriba da Terra é moi sinxela: en ningún lado en particular, e só a superioridade cultural na historia fixou que, o norte é o teito do planeta.
Para os psicólogos hai certeza de que a cultura do norte como teito do mundo pode estar a contaminar a maneira como percibimos o noso planeta. Unha clara referencia en psicoloxía indica que moitas persoas pensan que o norte ten unha certa asociación con sentirse ben, e o sur suxire decaemento.
Non é difícil considerar que ás persoas impórtalles menos que ocorre nos países ou rexións que están nunha zona máis "baixa" que eles no mapa . A boa noticia é que naquel experimento a relación entre o "norte" e o "sur" foi eliminada cun simple cambio: dándolle a volta o mapa. Quizais teñamos unha imaxe do mundo un pouco mais axustada a realidade se tod@s comezamos a poñer o mapa do revés de cando en vez.
A conclusión é: o espazo no que a Terra está inxerida, a idea dun "norte" e un "sur" non ten sentido.
Por analoxía no mundo da política é moito máis cando hai discrepancias, a sentenza de perder o norte deixa de ter moita importancia porque o que fai de xuíz só pretende situar o discrepante nunha ficción interesada e bondadosa con el mesmo e c@s que apoiaron as teses na fixación dunha determinada orientación.
Cando segues sen acreditar nesta maneira de facer, que a estratexia sempre precisa corrixir as derivas no rumbo para manter a orientación e que o norte é só unha convención, chegas a comprender mellor unha serie de acontecementos e a algúns dos seus protagonistas.
Quero aproveitar a ocasión para desexar aos lectores e colaboradores de Galicia Confidencial unha boa entrada no 2023, na seguranza de que tod@s continuaremos a botar unha man como ferreiros da Nosa Terra e dun Mundo mellor.
¡¡¡Ánimo e adiante!!!