Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 19:13
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou este luns, na reunión do grupo de coordinación do Observatorio da Cadea Alimentaria, que os prezos pagos a produtores de leite galego incrementan preto dun 55% desde outubro de 2021, situándose nos 53 céntimos por litro.
Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, Balseiros deu a coñecer o último informe do sector. Así sinalou que a evolución do prezo medio do leite "é moi boa" e "espera que o incremento siga así nos próximos meses".
Ademais, puntualizou que a subida dos prezos "vén condicionada polo incremento nos custos de produción que están a sufrir as granxas galegas".
Deste xeito, indicou que o impacto do prezo da enerxía e das materias primas desde decembro de 2021 "supuxo unha subida dos custos dun 11,76%".
Así mesmo, subliñou que Galicia segue sendo a maior produtora de leite de España con 2,4 millóns de toneladas de leite entregado no 2022, o que representa o 40,75% das entregas estatais.
Nesta liña, Balseiros lembrou que a Estratexia de dinamización do sector lácteo galego fixa como obxectivo para 2025 transformar en Galicia o 75% do leite producido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.