BNG pide recuperar os servizos ferroviarios nocturnos suprimidos durante a pandemia

Estes servizos conectaban Galicia con Madrid ou Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou no Congreso iniciativas para o seu debate e votación co obxectivo de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana "recupere os servizos ferroviarios nocturnos, suprimidos durante a pandemia", que conectaban a Galicia con outros territorios da península como Madrid ou Cataluña.

O deputado do BNG na Cámara Baixa, Néstor Rego, sinalou que esta iniciativa conta "co apoio social e a demanda suficiente como para reactivar o servizo, máis nestas datas próximas ao Nadal".

Os nacionalistas lembran que a declaración do estado de alarma durante a pandemia da covid-19 provocou a suspensión dos traxectos nocturnos en tren que unían, a través dos chamados trens-hotel, a Galicia con Barcelona, Madrid, Portugal e Francia.

Agora, engade o BNG, "a pesar de que se normalizaron por completo os desprazamentos", o Goberno central "non recuperou os servizos ferroviarios nocturnos" e manifestou que "semella que non existe interese en reactivar este servizo" á vista das declaracións das declaracións de varios responsables do Mitma.

O deputado do BNG, Néstor Rego, no Congreso. BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego, no Congreso. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta