O obxectivo é, segundo recolle un comunicado da USC, "ofrecer unha contorna fresca, moderna e áxil adaptada á mirada da xeración Z, que sirva de xanela para a visibilización do talento da comunidade de estudantes e no que se exploren novas formas de comunicar".
  comenta   0
En tempada lectiva, o servizo da Silva-Santiago das 15,15 horas adiántase ás 14,45 horas para adecuarse ás necesidades dos usuarios con horarios de tarde
  comenta   0
A que fora portavoz da sección xuvenil da UGT é hoxe responsable de Comunicación da Federación Estatal de Servicios, Movilidad y Consumo, e colaboradora habitual de mesas políticas dos programas Espejo público (Antena 3), Al rojo vivo (La Sexta) e La Sexta Xplica.
A cuarta edición do 'Encontro Mundial de Humorismo' (EMHU), que se celebrará na Coruña entre o 25 de abril e o 5 de maio, contará coa participación de grandes figuras do mundo do humor e a comunicación, entre eles Silvia Abril, Antonio Resines, Juan Herrera, Jordi Moltó, Raquel Martos e David Perdomo, con actuacións gratuítas, e segundas funcións, polo éxito de venda.
As décadas dos 80 e os 90 do século XX en Galicia viron nacer unha vaga de fanzines que foron plataformas de expresión para futuros creadores e creadoras en diversas áreas. Porén, tamén houbo fanzines (moitos) que no seu momento deron expresión á rabia e ao fastío da xente nova en lugares non urbanos ou case urbanos. Política, medioambiente, antimilitarismo, pacifismo, denuncia social e outros temas hoxe moi actuais, tiveron nestas pequenas publicacións o altofalante que lles faltaba na prensa xeralista.
  comenta   0
Os nenos e nenas deste colexio a importancia que teñen os medios de comunicación na sociedade actual no marco dunha charla realizada polo xornalista Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial e coordinador do Xornal da Coruña.
A empresa chantadina incorpora uns pequenos cambios de imaxe nas súas marcas, mantendo o mariñeiro como imaxe icónica. Trátase da evolución dos seus logos comerciais cara unha nova identidade visual máis moderna e dixital, incluíndo no proxecto un novo packaging e un renovado ton e estilo de comunicación.
A súa investigación céntrase no desafío de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as 'Protoformas Cuantificadas Difusas' coa 'Xeración da Linguaxe Natural', ámbito crave da Intelixencia Artificial que facilita a comunicación entre persoas e máquinas.
  comenta   0
"Dentro da Estratexia Galega para a Prevención do Suicidio, aprobada no 2017, hai unha parte adicada aos medios de comunicación, na que a Consellería de Sanidade adquiriu o compromiso de formar aos xornalistas no bo tratamento informativo e tamén de apoiarse neles para levar a cabo campañas de prevención e sensibilización", explica Eliana Martins, vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), que lamenta que "esa parte a día de hoxe está aínda sen desenvolver"
  comenta   0
O pasado 30 de novembro estrenámosnos facendo un podcast en directo no que falamos con algúns dos gañadores e finalistas dos Premios Paraguas deste ano de comunicación, marketing e deseño
O V Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero abordará este ano esta cuestión.
  comenta   0
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este venres a entrega duns galardóns que premian aos proxectos publicitarios e de comunicación máis innovadores e creativos.
  comenta   0
A 'Liga CeibaRimas 2023' celebrará a súa terceira edición na Facultade de Ciencias da Comunicación, con concertos de artistas invitados da talla de Willow e Bratzantifa.
  comenta   0
O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña estimou o recurso contencioso-administrativo interposto pola Xunta de Galicia fronte ao Concello de Oleiros pola realización dunha campaña de comunicación institucional.
Familiares da galega desaparecida no barco do Consello Superior de Investigacións Científicas mostraron a súa "indignación" pola "total falta de comunicación" do organismo que, tras 15 días da desaparición, "nada manifestou respecto diso".
A tamén directora e docente recibe o premio "en recoñecemento a unha traxectoria na que vai deixando pegada en múltiples proxectos e facetas profesionais". Tamén nas aulas, xa que forma a novos intérpretes desde hai máis de 15 anos na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), asi como na facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Destaca tamén polo seu activismo a prol da igualdade.
  comenta   0
O proxecto inclúe diferentes actuacións, como a creación da Rede Española de Ecoexperiencia en Destinos de Auga de Interior; a elaboración de manuais, plans de comunicación e mercadotecnia, e de guías turísticas sobre destinos; a celebración de encontros e intercambios para analizar a situación e os potenciais destes recursos turísticos; así como a creación dunha páxina web e unha aplicación para promocionar os destinos a través das novas tecnoloxías.
O obxectivo do Goberno galego con estas actuacións é facilitar a comunicación e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes, reducindo os 10 minutos os tempos de viaxe entre A Estrada e a capital de Galicia.
  comenta   0
Así, a Universidade organizará seis cursos, dous deles impartidos en Vigo e os outros catro no campus de Ourense. Estes centraranse en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial, na innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, na transformación áxil das organizacións, nas infraestruturas de datos aplicados ao sector do transporte, na dixitalización do sector e loxística e na comunicación dixital para a mobilidade.
É a segunda vez que a asociación europea recoñece unha tese do CiTIUS. No seu traballo, Andrea Cascallar abordou o desafío científico de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as 'Protoformas Cuantificadas Difusas' coa 'Xeración de Linguaxe Natural' (NLG), e máis concretamente, cos sistemas D2T ou 'Datos a texto' (Data-To-Text). Un ámbito crave da Intelixencia artificial (IA) que facilita a comunicación entre humanos e máquinas, ao "traducir' a información contida nos datos á linguaxe empregada polas persoas.
  comenta   0
O vicepresidente primeiro da Xunta anunciou que, co obxectivo de facilitar o traballo das Oficinas de Atención ás Vítimas, o Goberno galego está a traballar nunha ferramenta informática que favoreza a comunicación e o acceso a datos por parte dos órganos que entran en contacto coas vítimas.
  comenta   0
Considera un desprezo que estes partidos non denuncien a suposta agresión que di que recibiu do editor de La Región, Óscar Outeiriño.
  comenta   0
Coas subvencións, os operadores poderán levar a cabo investimentos e gastos asociados ao desenvolvemento dos proxectos para o despregamento de fibra ata as torres.
  comenta   0
A Universitat Oberta de Catalunya e o Hospital Universitario Parc Taulí desenvolveron esta app móbil dispoñible tanto para Android como para iOS.
  comenta   0
As vítimas critican que Piñeiro traslade que "unha catástrofe desta magnitude" depende só da comunicación entre o maquinista e o interventor. A acusación popular acusa directamente ao cargo de Adif.
  comenta   0
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) de Galicia acolleu este luns un encontro entre os seus responsables e diversos 'influencers' e personalidades relevantes da comunicación, co fin de amplificar o labor de difusión que se fai en relación cos consellos de prevención e atención ás emerxencias.
  comenta   0
Ignacio Ramonet (Redondela) impartiu na Facultade de Ciencias da Información en Santiago un seminario sobre xeopolítica con especial interese nas consecuencias da pandemia e da guerra en Ucraína. A idea é que o mundo se polariza cada vez máis entre Occidente e China coa súa área de influencia, isto materialízase nunha guerra comercial entre os dous espazos económicos e políticos. Considera que a poboación mundial non está preparada para outra pandemia como a da COVID aínda que si se puideron extraer coñecementos sobre como tratar unha nova crise sanitaria.
  comenta   1
"Para nós isto está relacionado co que está a saír estes días nos medios de comunicación, cos audios polos que tamén presentamos outra denuncia", sostivo González Beneitez.
  comenta   0
O Bloque Nacionalista cre que é nos servizos bancarios onde Correos "debe recuperar o papel protagonista que noutro tempo xogou", para dar unha resposta completa ás necesidades da poboación.
  comenta   0
A Comisión Europea as autoridades comunitarias consideran que a reclamación e o interese "por ofrecer apoio lingüístico aos estudantes que participan nestes sistemas educativos é comprensible".
  comenta   0
Regueifas da Ciencia volve cun debate sobre este asunto o xoves 20 de abril ás 19.30h na Facultade de Comunicación da USC
  comenta   0
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pide que se rebisen as bases dos procesos para estabilizar emprego temporal entre os que está a praza de “directora de radio”.
Distingue un traballo informativo de carácter científico ou tecnolóxico, escrito ou audiovisual, publicado no último ano en calquera medio de comunicación galego.
  comenta   0