O Goberno comprométese a manter o diálogo coa Xunta sobre os continuos atrasos nos trens Avril

"Hai comunicación fluída coa Xunta e Renfe está a disposición de todos os usuarios e usuarias para establecer as compensacións necesarias", engadiu a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, apelou á "información fluída" por parte do Executivo central á Xunta, ao ser preguntada polas críticas da mesma ante os atrasos en trens Avril. A preguntas dos xornalistas, Rivas atribuíu "en gran medida" a existencia de atrasos "á obra en Chamartín", pero insistiu en que a Administración central traballa para "tratar de mellorar esa situación".

"Hai comunicación fluída coa Xunta e Renfe está a disposición de todos os usuarios e usuarias para establecer as compensacións necesarias", engadiu. Así mesmo, a subdelegada do Goberno incidiu en que se esixirá a Talgo que "cumpra" co servizo, en liña coas manifestacións feitas por parte do Executivo central.

Trens Avril
Trens Avril | Fonte: RENFE - Arquivo

O BNG TAMÉN DEMANDA EXPLICACIÓNS

Pola súa banda, BNG tamén pediu ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable explicacións polos "continuos atrasos e deficiencias" do tren durante este verán, que provocan "malestar" entre os usuarios. En concreto, a senadora Carme da Silva preguntará ao Goberno sobre as situacións de "caos" que se viviron nas últimas semanas, demandando a posta en marcha de actuacións "contundentes" que permitan solucionar os problemas actuais, "e non tan actuais", do servizo.

"Renfe e o Ministerio de Transportes non poden botar balóns fóra e andar pasando a pelota entre eles e Talgo. Existe un problema, por resumir as sucesivas xornadas de atrasos e caos, e o Goberno debe solucionalo", subliñou Da Silva. A senadora criticou a "catastrófica" estrea dos trens Avril, con "incesantes avarías e atrasos". "O último dos casos é o ocorrido esta semana no tren destino Madrid, onde os viaxeiros estiveron atrapados máis de dúas horas sen electricidade, aire acondicionado e sen información", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta