Sobre mayorales e os seus mozos

A cousa pode ser así: aos amos do cortijo gústanlles os boureos. Os “medios de servidume intelectual”, medios de comunicación fanse chamar, retrasmiten o boureo, e o pobo honrado e traballador indígnase. Isto vén por mor do acontecido o 16 de marzo en Granada e o 18 en Sevilla.

Por Álvaro Rodríguez | Santiago de Compostela | 01/04/2025

Comparte esta noticia
Estaba organizado para as 18 horas un coloquio na facultade de Dereito de Granada. O titulo era Feminismo e Dereito; todo correcto. Participaron  Santiago Armesilla,  doutor en Economía, comunista heterodoxo e hispanista. A avogada e feminista Paula Fraga. Por parte da facultade estaba Tasia Aránguez,  doutora en Dereito e Profesora na Facultade.
Pero o boureo organizado antes do acto polos mayorales mandando aos seus mozos foi por mor da presenza de Macarena Olona,  licenciada en Dereito con premio extraordinario e Avogada do Estado. No seu día dirixente,  e con moito éxito, de VOX.  
 
Non hai dereito que a universidade se converta nunha cantina onde os mozos dos mayorales agridan a persoas da talla de dona Macarena Olona e don  Joaquín Urías, este de Podemos. 
 
Ás persoas que se comportaron tan abyectamente dentro do recinto universitario debémoslles reproducir as  palabras de Zola: “que nin as coñezo nin as vin nunca. Nin sinto particularmente por elas rancor nin odio. Considéroas como entidades, como espíritos de maleficencia social”.  Mais os mozos que protagonizaron  o boureo, organizada polos seus mayorales, non son culpables. Eu non acuso os mozos.  
 
Podiamos supoñer que ningún dos mozos era universitario. Aos universitarios supónselles cultura, modais,  e ansias de saber. Pero  en defensa  dos mozos universitarios que protagonizaron o boureo  debo dicir que non son culpables.  
 
Os culpables son os principios reaccionarios do que denomina Sahra Wagenknecht “liberalismo de esquerdas”. Thomas Piketty  chámalles “esquerda electoral”, “partido dos titulados”  ou “esquerda brahmánica”. Gustavo Bueno clasifícaos como  “esquerda indefinida”. “Idealismo pequeno burgués” diría Marx.
 
O boureo organizado en Granada polo mayorales e os seus mozos,  é  exemplo dun actuar que  para  Sahra Wagenknecht,  “é como converten os liberais de esquerda batallas culturais en divisións    e polarizacións da nosa sociedade polo menos na mesma medida na que o fan os discursos de odio dos ultradereitistas”. 
 
Sahra Wagenknecht na súa obra Os engreídos, lémbranos cousas tan simples como “o que escoita repetidamente que é de extrema dereita acaba por non sentirse ameazado, senón seguro, cando escoita ser de extrema dereita. E canto máis arrogante e máis increpante sexa o ton co que se acuse de ser sospeitoso de simpatizar coa extrema dereita aos que non comparten as teses cosmopolitas, politicamente identitarias e en favor da UE do liberalismo de esquerdas, máis probable será que os afectados dirixan as súas simpatías políticas precisamente cara a aqueles que menos lles insultan e menosprezan moralmente”. 
 
Non hai que ser  sabio para saber que “Ofender e insultar ás persoas tamén é o medio máis seguro para conseguir que se poñan en contra de todo aquilo relacionado co que lles insulta. Se o que lles insulta é de esquerda, empezasen a odiar a todo o de esquerdas”…. E os amos do casarío sábeno, e  aplican con afán… 
 
Desde uns anos para acá, os amos do cortijo ordenan  aos  seus mayorales que os seus  mozos monten  boureos. O seu obxectivo é  desprestixiar os valores tradicionais da Universidade e  deshonrar  un pensamento que eles non representan nin teñen. Desacreditan a unha parte da esquerda, facéndose pasar por “esquerda”.
 
Aos amos do cortijo impórtalles un figo  o 20% da poboación en situación de pobreza ou as  clases asalariadas con soldos de subsistencia. Aos amos do cortijo interésalles facer os seus negocios, manterse no poder, e agora, co diñeiro do pobo comprar armas, para que os mesmos mozos morran nas estepas, con boureo ou sen boureo.  Pobres mozos mil euristas! Os amos do cortijo vanos machucar.   
 
Ao día seguinte, 18 de marzo, ao profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, Joaquín Urías, que foi letrado do Tribunal Constitucional, e membro de Podemos, montáronlle  outro boureo  outros mozos doutros mayorales, pero estes estaban  cara o sol.
Os amos do cortijo están a converter a Universidade  nunha cantina parella á do parlamento, ou á dun estudio de telelixo. Non hai dereito. 

Estudantes nos corredores da Universidade
Estudantes nos corredores da Universidade | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA