Moita sorte a Trump

EUA non é un estado. É unha teoría, unha crenza en poder renacer á republica oligárquica Romana, co seu senado de patricios, o seu capitolio, os seus barbaros, os seus cargos electos entre os patricios, o esclavismo versión saxona, a súa plebe e vulgo, ou a súa proverbial corrupción. Así, o capitolio outrora centro político relixioso de Roma co templo de Xupiter, hoxe é o capitolio como centro político e da relixión actual, co seu congreso e Senado oligárquico.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 17/02/2025

Comparte esta noticia
As súas teorías máis  interesante son  as domesticas, aquelas que  as respirarnos  coma se  fose aire limpo.  A mellor teoría é a de “América do Norte”. Trump é o presidente de “Norteamerica”. E todo o mundo sabe  o que significa aínda que o norte de América  arrinca do  ecuador terrestre, tamén chamado liña do ecuador, paralelo 0°, ou liña ecuatorial, e que en América o ecuador  está situado na parroquia de san Antonio,  na cidade de Quito, capital dunha republica que,  mira por onde, denomínase Ecuador.  Desde o ecuador en Ecuador ata o Ártico, todo é Norteamérica, ou norte de America. 
 
A brillantez da teoría EUA é que só eles son o norte de América; o resto do continente  colócano ao sur de Quito.   E tiveron a  xenial idea de subdividir o norte de América en diferentes parcelas. 
 
Así,  temos a centro América no norte de América e non no centro-centro que como en política non existe.  E aínda hai máis! diría o Super Rato: centro América, na teoría EUA acaba en México. Para os teóricos made in USA,  a republica de Pancho Villa (o único que  invadiu  EUA e saíu vencedor)   non son nin centroamericanos, nin  norteamericanos. México está situado nun limbo, e é que para os   vaqueiros de Texas,   América do Norte nace ao norte do rio Bravo. 
 
É posible que iso se deba a que os mexicanos falan castelán,  saben cociñar,  e  á súa devoción a Virxe  de Guadalupe.   Tal vez por iso, México non é do norte, e queda onde está  que estea, que é  onde sempre estará pero nunca será o norte de América. 
 
Parecería que o enigma está resolvido, e América do Norte seria o territorio situado ao norte das coordenadas do rio Bravo, mais non é así de fácil. A illa de Cuba  é máis  norteamericana  que os  fuxidos no Mayflower.   Pero cando o presidente Trump di que é o presidente de América do Norte non indica que é o presidente de Cuba,  que xa lle gustaría, pero élle imposible.  A culpa desa maldade é dos barbudos da Habana, e a súa penitencia é que a illa deixou de estar no norte de América. 
 
 Entón, Cuba onde está? pois exactamente está onde sempre estivo, pero coa teoría EUA Cuba non é norteamérica, Cuba é parte do eixo do mal e está nese cegoñal,  pois algo así como dando voltas. En consecuencia lóxica coa teoría  made en USA, o norte do continente americano  son EUA e Canadá. 
 
Deséxolle toda a sorte do mundo a Trump, non porque a mereza, senón porque non lle desexo mal nin ao meu inimigo. Pero vexo xa cousas estrañas no súa discurso.  Trump  quere chamar ao golfo de México, Golfo de América! Pero sen matizar se o Golfo de América esta a o norte,  centro ou sur de América. E iso é algo moi grave, xa que, se os Made in USA comezan a cambiar os nomes ás cousas e a cambiar as cousas de sitio,  ao final non imos saber onde están.  E iso é incómodo, e non para min que vivo en Galicia,  e sei onde está Cuba, senón para os pobres norteamericanos que non van saber a onde poden ir. 
 
EUA é a representación da  teoría da  republica oligárquica Romana, co seu senado de patricios, o seu capitolio, os seus barbaros, os seus cargos electos entre os patricios, o  esclavismo en versión saxona, a súa plebe e alegre vulgo, ou a súa proverbial corrupción. No teatro republicano ó actor Trump tócalle representar o  papel de Catón o vello,  coa súa indumentaria e teorías  catonistas pero con laca.   Deséxolle moita merda a Trump. 

A viñeta de López - Do mono a Trump
A viñeta de López - Do mono a Trump
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA