José Manuel Pol, novo candidato do PP en Quiroga tras a renuncia do actual alcalde

O candidato é natural de Ribas de Sil e veciño da parroquia de Campos de Vila, en Quiroga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

José Manuel Pol González foi elixido polos populares do municipio lucense de Quiroga para liderar a candidatura do PPdeG na localidade nas próximas eleccións municipais, despois de que o actual alcalde, o popular Julio Álvarez, anunciase recentemente que abandonará a vida pública tras 36 anos no cargo, desde 1987, con nove maiorías absolutas.

A decisión tomouse nunha reunión de afiliados e simpatizantes celebrada o pasado venres 23 de decembro no Centro Social do municipio. Neste encontro, ademais de Julio Álvarez, tamén se atopaba o coordinador xeneral provincial do partido, José Manuel Balseiro.

Segundo destacou o PP, Balseiro asegurou que apostan por Pol González pola súa "seriedade, humildade e respecto polas institucións e veciños de Quiroga" co obxectivo de revalidar a maioría nos próximos comicios.

O novo candidato, natural de Ribas de Sil e veciño de Campo de Vila, en Quiroga, leva máis de tres décadas á fronte da xestoría Rozas-Campos o que, segundo o partido, permitiulle adquirir a experiencia necesaria para facer fronte a esta responsabilidade.

Durante o acto, Pol González mostrouse "moi orgulloso" de ser o encargado de "reafirmar os bos resultados" dos populares no municipio. "Traballaremos polas demandas que nos trasladen os veciños e escoitaremos as súas preocupacións para facer de Quiroga un municipio mellor", declarou.

Pol González, candidato do PP en Quiroga, xunto o alcalde Julio Álvarez e José Manuel Besteiro
Pol González, candidato do PP en Quiroga, xunto o alcalde Julio Álvarez e José Manuel Besteiro | Fonte: PP LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta