Risco de rotura na presa do río Castro en San Sadurniño por incremento de caudal

Explican desde o servizo que, no caso de que isto chegase a ocorrer, provocaría unha crecida repentina do caudal do río, que transcorre polos concellos de San Sadurniño, Neda, Narón, e que desemboca no río Grande de Xubia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O 112 Galicia rexistrou case 200 incidencias este venres polos efectos da choiva e o vento. Segundo informou o servizo, no período comprendido entre as 00 e as 18,00 horas, contabilizáronse no CIAE 112 un total de 189 incidencias relacionadas co vento e a choiva en toda a comunidade.

A provincia da Coruña foi, ata agora, a máis castigada, con 77 incidencias inscritas. A continuación, estaría a de Pontevedra, con 62, Lugo (32) e Ourense (18). Con diferenza, os incidentes máis repetidos foron os relacionados coa presenza de ramas ou árbores nas estradas (63). Tamén nas vías de circulación rexistrouse con certa frecuencia a caída de cables e outros obstáculos.

RISCO DE ROTURA NA PRESA DO RÍO CASTRO (SAN SADURNIÑO)

Por outra banda, pasadas as 16,10 horas deste venres, o persoal da empresa encargada da presa do río Castro alertou ao 112 Galicia de que esta se había debilitado, e que existía risco de rotura.

Explican desde o servizo que, no caso de que isto chegase a ocorrer, provocaría unha crecida repentina do caudal do río, que transcorre polos concellos de San Sadurniño, Neda, Narón, e que desemboca no río Grande de Xubia.

Ante esta situación, o 112 solicitou a colaboración dos Bombeiros das Pontes e da Garda Civil, e informouse ao GES e Augas de Galicia e Garda Civil de Tráfico por se resultase necesaria a súa intervención. O risco de crecida fai necesario que as persoas eviten achegarse ás beiras do río afectado.

Dúas gaivotas sobrevoan a ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro. / Gustavo da Paz / Europa Press
Dúas gaivotas sobrevoan a ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro. / Gustavo da Paz / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta