Novas axudas para fomentar a preservación das razas autóctonas galegas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural convocou unha orde de axudas, que foi publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG), cun importe de 220.000 euros para fomentar as razas autóctonas galegas.

Este investimento, que aumenta nun 10 % con respecto ás axudas do ano pasado, ten como finalidade aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, modernizar o sector e mellorar a calidade e eficiencia dos sistemas produtivos agrarios.

Ademais, entre as actuacións a subvencionar está a creación ou mantemento de libros xenealóxicos, onde inclúen os gastos derivados da súa actividade ou o desenvolvemento dun programa de mellora para a raza coas súas correspondentes actividades de conservación.

As subvecións tamén servirán para a creación e mantemento de bancos de xermoplasma, o conxunto de xenes que se transmite pola reprodución á descendencia, en centros autorizados e de probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando.

Así mesmo, a Xunta considerou que as razas autóctonas son un "claro exemplo" de recurso xenético "fundamental" na preservación do ecosistema.

Desta maneira, as organizacións ou asociacións de criadores que estean oficialmente recoñecidos para a xestión dos libros xenealóxicos das respectivas razas autóctonas en Galicia poderán solicitar as axudas por vía telemática a partir deste martes durante un mes.

Boi de raza frieiresa
Boi de raza frieiresa | Fonte: P. Lameiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta