Gasolineiras sen clientes: só os que se esqueceron de encher o depósito antes de rematar o 2022

As gasolineiras galegas notan o arranque de ano, sen a existencia xa de descontos para particulares, coa afluencia de menos vehículos, pero sen incidencias nos sistemas informáticos, segundo destaca o presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes), Julio César López.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

As gasolineiras galegas notan o arranque de ano, sen a existencia xa de descontos para particulares, coa afluencia de menos vehículos pero sen incidencias nos sistemas informáticos, segundo destaca o presidente da Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes), Julio César López, en declaracións a Europa Press.

Segundo resalta, "baixou considerablemente o tráfico" porque o que houbo foi "un traslado de vendas", que "se anticiparon" a finais de ano ante a expectativa do final das bonificacións.

"Agora mesmo estamos baixos", sinala, e apunta a usuarios que "ou se esqueceron" de encher nos últimos días de 2022 ou teñen que facelo porque terminaron xa o depósito.

En calquera caso, López constata que estes primeiros días do ano "normalmente son moito máis baixos" en tráfico, aínda que as vacacións supoñen un estímulo.

Neste escenario, o presidente de Fegaes informa de "normalidade" tamén nos sistemas informáticos das estacións de servizo, que tiveron que facer un investimento, sinala, duns 3.000 euros por instalación, para facer unhas modificacións que "xa non teñen máis efectividade".

O que si ocorreu "entre onte (por este domingo 1 de xaneiro) e hoxe (día 2)" é que estivo "bloqueado" o sistema de Facenda para notificar os datos de vendas, pero "fai un intre empezou xa a funcionar", segundo o representante das gasolineiras galegas.

Os descontos que permanecen para transportistas e taxistas, sonlle "alleos" ás gasolineiras, segundo lembra, ao depender dun cartón e dun cheque de pago único.

Colas de coches nunha gasolineira, a 31 de decembro de 2022, en Lugo
Colas de coches nunha gasolineira, a 31 de decembro de 2022, en Lugo | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta