Vence insta a Feijóo a actuar ante os "modos corruptos” do PP de Ourense

Xavier Vence critica as maneiras escuras na fichaxe da alcaldesa da Bola polos populares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2014 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A presentación de Teresa Barge, a alcaldesa da Bola que decidiu deixar o BNG hai dúas semanas, como cabeza de lista do PP para as próximas eleccións municipais, abriu unha nova fronte política entre populares e nacionalistas.

Xaveir Vence, líder do BNG
Xaveir Vence, líder do BNG

Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque, denunciou este luns a forma "bastante escura" de gobernar do "señor Baltar e do PP" e advertiu de que "o señor Feijóo non pode mirar para outro lado" mentres continúan saíndo á luz casos de “corrupción” relacionados coa forma de gobernar nas deputacións dirixidas polos populares.

“O que está a ocorrer non só coa alcaldesa da Bola, senón con outros alcaldes que están a ser fichados de forma bastante escura polo PP de Ourense revelan o que levo denunciado desde hai moito tempo", dixo en rolda de prensa.

Neste sentido, salientou que a fichaxe da alcaldesa de A Bola evidencia que a provincia de Ourense está xestionada con "modos corruptos e antidemocráticos" aos que nalgún momento "hai que porlles fin". "O Baltarismo en Ourense é un réxime en si mesmo", subliñou ao criticar que pretende "controlar todo o que se move" na provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Agetas da Tarjeta

Mellor sería que os ajetetes da targeta unida al banki vos preocupedes da vosa casa de pitas, Cañamero asegura que la permanencia de la CUT en IU "tiene los días contados", aunque "falta por concretar la fecha" http://noticias.lainformacion.com/m...

1 A Porqueira

Carrumeiro, carrumeiro, carrumeiro

5 O carteiro Hamlet

Algo tufa mal na Bola, pasar do BNG a sua total antítesis...nin que a alcaldesa fora do FPG, e A Bola, Cangas.

4 Spidercan

Falar por falar. Entendo que Vence tenha que dicer estas cousas para que "o gran público" o saiba. Pero hoxendía todos sabemos que quen vota ao PP é porque ou é ignorante ata límites insospeitados, mafioso ou pretendente a mafioso, que o que pasa é que nunca tivo a oportunidade ou fascista. Unha cousa é que senhas de dereitas, pero outra moi distinta é que senhas do PP. Podes votalo, pero dicilo en voz alta, non. E simplesmente é porque si o fas só caben estas posibilidades que dixen anteriormente.

1 Spidercan

E con respecto a esta mulher da A Bola, que queres que che diga...Ourense como provincia é unha vergonha. Hoxendía dicer que és de Ourense é como ser sospeitoso de ignorante ou pior todavía. Elexides a cada un os do BNG que mete medo. De onde a sacáchedes? Do baúl da Piqué?

2 Spidercan

Sei que non hai moita xente onde elexir, ou son apocalípticos ou son miserables uns cantos sin experiencia na vida. Pero melhor estar so que mal acompanhado. Non ves que é contraproducente!Pouco a pouco algún irá saíndo que senha máis ou menos, bo. Moito non haberá, pero haberá que esperar e non colher ao primeiro que saia que fale galego e que estudara por letras. Os de ciencias non tenhen cabida no BNG?

3 anonimo

Foi unha escolla persoal de Anxo Quintana, así que el dirá.

3 ourensán

Non entendo como a fiscalía non actúa contra estas prácticas mafiosas. Todos sabemos como actúa o PP en Ourense, todos menos a Xustiza.

2 Bolo

Home,as contas hai que pedirllas ao BNG por non escoller mellor os seus candidatos. Ninguén obriga á alcaldesa a irse a outro partido.