A empresa de camisetas ReiZentolo dona 5.800 euros para apoiar a investigación da enfermidade de Dent

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 04/01/2023 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A finais de ano, Pablo, representante da empresa galega ReiZentolo, estivo nas Instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) para facer entrega do cheque de 5.800 euros correspondente á donación obtida grazas á venda dos produtos solidarios (camisetas e tazas, entre outros) realizados para a asociación galega de enfermidades de Dent (Art for Dent).

Acto de entrega
Acto de entrega | Fonte: Cedida

No acto estiveron presentes representantes do IDIS, do Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais (NefroChus) e membros da asociación Art for Dent. 

ReiZentolo colabora e apoia esta asociación e o seu proxecto artístico e solidario dende o comezo, en maio de 2020, en pleno confinamento. A campaña comezou coa camiseta de 'Rallo' que puxeron multitude de personaxes coñecidas do mundo da televisión, do cine, da cultura... e que axudaron na promoción e venda destes produtos.

Despois de 'Rallo' viñeron 'Pepe', 'Mona', 'Rosa'... camisetas e produtos que seguen á venda na tenda online de ReiZentolo e dos cales o 100 % do beneficio vai destinado para esta causa. 

Desde o comezo da súa colaboración, ReiZentolo suma máis de 20.000 euros de doación para a investigación desta enfermidade minoritaria, que precisa de apoios privados para poder financiarse e poder avanzar.

"Esta colaboración e apoio por parte de Rei Zentolo para nós é moi importante e fundamental para seguir dando visibilidade e conseguindo fondos para a investigación no NefroChus. Son a nosa 'empresa solidaria', os que confiaron en nós desde o primeiro momento", afirman desde Art For Dent.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta