Un total de 170 axudas de mil euros para que universitarios galegos melloren o seu nivel de idiomas no verán

A Xunta aumentou este ano nun 20 % o número de bolsas para que o alumnado das universidades públicas galegas poida formarse lingüísticamente nalgún Estado membro da UE entre o 15 de xuño e o 31 de agosto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia aumentou este ano nun 20 % o número de bolsas para que o alumnado das universidades públicas galegas mellore as súas competenicas en linguas estranxeiras durante o verán.

Serán en total 170 axudas, de 1.000 euros cada unha, para que os estudantes realicen estancias de formación lingüística nalgún Estado membro da Unión Europea entre o 15 de xuño e o 31 de agosto.

O Diario Oficial de Galicia publicará este luns a convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo. Deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Poderán optar os universitarios que estean matriculados no curso 2022/2023, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) en estudos de grao.

Os aspirantes tamén deberán superar 60 créditos con data do 30 de setembro de 2022 e os interesados deberán acreditar que van realizar un curso de idiomas no mencionado período cunha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 60 horas lectivas. O idioma que desexe cursar deberá corresponderse co oficial do país elixido.

Universitarios
Universitarios | Fonte: ISTOCK

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta