Liberan a unha muller en Cenlle que tiña a cabeza encaixada entre as patas dunha mesa

Trátase dunha octoxenaria que sufriu unha caída a consecuencia dun problema de saúde

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia liberaron en Cenlle (Ourense) a unha muller duns 80 anos que resultou atrapada pola cabeza entre as patas dunha mesa despois de sufrir un problema de saúde.

Así o trasladou o CIAE 112 Galicia nun comunicado no que informa que o suceso tivo lugar ao redor das 01,00 horas deste martes nunha vivenda da parroquia da Barca de Barbantes. Foi a irmá da octoxenaria quen deu a voz de aviso á central de emerxencias, que mobilizaron aos profesionais dos bombeiros do Carballiño e o GES de Ribadavia.

Estes equipos liberaron á muller, que tiña encaixada a cabeza entre as patas cruzadas dunha mesa despois de sufrir unha caída a consecuencia dun problema de saúde. Unha vez liberada, a octoxenaria foi trasladada a un centro hospitalario por unha dotación de Urxencias Sanitarias 061.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta