Enviado a prisión o acusado de acoitelar a un menor de 17 anos en Santiago

Xa foron remitidos a prisión o tres detidos na última semana polos dous incidentes relacionados con liortas na cidade de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

O xulgado de Instrución número 2, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión do novo acusado de acoitelar a un menor de idade na madrugada do pasado domingo en Santiago de Compostela.

Segundo informaron a Europa Press fontes próximas, o detido, de 23 anos, pasou a disposición xudicial ao longo desta tarde e, finalmente, decretouse o seu ingreso en prisión acusado de tentativa de homicidio/asasinato.

Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado domingo na Rúa Nova de Abaixo do ensanche compostelán, cando o detido, presuntamente, acoitelou a un mozo de 17 anos. O ferido permanece aínda ingresado no Hospital Clínico de Santiago, onde se lle tivo que extirpar o bazo.

Con esta decisión, xa foron remitidos a prisión o tres detidos na última semana polos dous incidentes relacionados con liortas na cidade de Santiago de Compostela.

O primeiro deles, o día 2, saldouse cun mozo de 31 anos falecido e dous detidos. O segundo deles, que tamén tivo que ser ingresado uns días, foi remitido este mesmo martes a prisión, mentres que o primeiro xa permanecía no cárcere desde a semana pasada.

O segundo caso tivo lugar na madrugada do domingo e nel resultou ferido un menor de 17 anos. O presunto autor foi enviado tamén a prisión.

Un dos detidos nunha operación policial
Un dos detidos nunha operación policial | Fonte: GC - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta