Por CMEstila | GC ABERTO | 05/12/2014
Na súa intervención no Colexio Maior La Estila da Universidade de Santiago de Compostela, Loreto González Dopeso afirmaba que, como no seu día a violencia machista ou o acoso laboral, as novatadas sobreviven porque amplos sectores da sociedade as xustifican co argumento da integración, para estos sectores a novatada socializa, curte na vida estudantil e fai máis forte o recén chegado.
Na opinión da Presidenta da Asociación "No Más Novatadas", unha das principais trabas para rematar coas novatadas segue sendo a lexislación, que debe ir acompañada ao seu xuízo de medidas políticas que permitan a súa visualización pero tamén de medidas educativas de sensibilización e en último termo sancionadoras.
O problema principal das novatadas é que se trata dunha forma de violencia que se emprega e normalíza para recibir ós novos universitarios. O máis perigoso é que estas prácticas non se consideren violencia -engadiu-. A maioría dos rapaces que se ven sometidos a este tipo de accións, pasado o tempo, as consideran boas e que teñen dereito a facelas, "unha broma ou unha tradición pensan moitos", e isto é un problema gordo, é un dos aspectos máis preocupantes".
"O que temos que ter claro é que hai que frear as novatadas porque son un tipo de maltrato. Non é que a novatada cruel sexa maltrato e a novatada inocente non o sexa. Todas responden á mesma estrutura inxusta".
Dopeso valorou moi positivamente o traballo de sensibilización que se realiza dende algúns colexios maiores como o Colexio Maior La Estila adscrito á Universidade de Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.