Rescatan unha foca ferida na Praia de Santa Comba de Ferrol

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 13/01/2023 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Efectivos de Protección Civil de Ferrol rescataron este xoves unha foca ferida que foi localizada na Praia de Santa Comba e que se atopa xa na UCI de mamíferos de Nigrán.

Segundo informou o Concello de Ferrol, foi un particular o que deu aviso da presenza da foca ferida na praia na mañá deste xoves. Ata o lugar desprazáronse técnicos da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), que valoraron ao exemplar e recomendaron o seu traslado.

Para o operativo, Protección Civil empregou o novo vehículo de intervención 4x4 UTV que adquiriu recentemente o Concello de Ferrol.

Foca ferida rescatada na praia de Santa Comba, en Ferrol.. CONCELLO DE FERROL
Foca ferida rescatada na praia de Santa Comba, en Ferrol.. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta