O alcalde de Santiago ve innecesario o estudo de mobilidade previo que pide a Xunta para facer o aparcadoiro do CHUS

Xosé Sánchez Bugallo asegura que se trata dun proxecto "urxente" dada a próxima creación do centro de protonterapia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou este venres que "non ve necesario o un estudo de mobilidade previo" que pide a Xunta para a creación dun novo aparcadoiro do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Así, Sánchez Bugallo, que está á espera dunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que se trata dun proxecto "urxente" e destacou que "non hai que xustificar o que se ve a primeira ollada".

O rexedor local explicou que o aparcadoiro "unha vez se tome a decisión, aínda hai que construílo" e que neste proceso "van pasar dous ou tres anos". Ademais, demandou o reforzo de transporte público desde a comarca.

Deste xeito, destacou en que "sería un fracaso grande pensar a hipótese de que en 2026 estea operativa a ampliación do Clínico, o centro de protonterapia e este tema estea sen resolver". Así, insistiu en que "haberá máis demanda e menos prazas".

Por outra banda, o rexedor local insistiu en que o aparcadoiro do Clínico é unha acción que hai que levar a cabo de forma "urxente", unha demanda que se verá ampliada coa creación, entre outras instalacións, do centro de protonterapia.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta