A saída da estrada deixa un ferido en Santiago tras chocar o vehículo contra unha cervexaría

O suceso tivo lugar á altura do número 34 da rúa Santiago de Chile.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este sábado en Santiago de Compostela nun aparatoso accidente, despois de que unha persoa perdese o control do vehículo que conducía, subise á beirarrúa e acabase chocando contra a fachada dunha cervexaría. Hai un ferido.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, moitas persoas contactaron con emerxencias para informar que, sobre as 12,45 horas, un vehículo que saía dun garaxe perdeu o control e saíuse da estrada, chocando contra un edificio.

O suceso tivo lugar á altura do número 34 da rúa Santiago de Chile. Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago e Policía Local, así como un equipo sanitario do 061, que prestou asistencia e trasladou ao hospital a un ferido. Tamén foron alertados os integrantes de Protección Civil.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta