O OJD frea o optimismo da Voz e Faro

Hai unha semana os dous principais diarios en papel do país sacaban peito polos seus datos do EGM. Agora, a auditoría do OJD, máis precisa, revela que as súas vendas seguen a caer.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/12/2014 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

A nova vaga mensual de outubro da Oficina para la Justificación de la Difusión (OJD) non deixa lugar a dúbidas. A caída de vendas e difusión dos diarios en papel non está superada, malia os datos das enquisas do Estudios General de Medios no sentido contrario.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Cómpre ter en conta que o principal referente da industria editorial é o OJD, pois detalla a tirada, as vendas en quiosco e outros conceptos como subscricións, exemplares regalados en eventos, etc. Pola contra, o EGM baséase en entrevistas e, polo tanto, nun criterio máis feble, o 'recordo' do entrevistado de ter consultado un medio.

La Voz perde un 31% das vendas en tres anos

Así, La Voz de Galicia tiña unha difusión de 71.433 exemplares en outubro, o que supón unha caída do 10% respecto aos 79.353 de hai un ano. Esta caída porcentual é a maior entre os diarios rexionais.

La Voz declara a OJD unhas vendas de 33.452 exemplares, fronte aos 36.494 de hai un ano. Isto supón un retroceso do 8,3% en doce meses.

En 2011, por estas datas La Voz difundía 92.167 exemplares e vendía 48.643. Polo tanto, en tres anos a difusión caeu un 22% e as vendas un 31%. 

Faro retrocede un 20% en difusión dende 2011

Faro de Vigo tamén cae, pero a cabeceira do Grupo Prensa Ibérica volve ser a que menos retrocede en difusión entre os principais diarios locais do Estado. En ventas no último ano perde un 1,9% (22.587 fronte 23.031) e en difusión un 2,8% (30.205 fronte a 31.078).

En 2011, por estas datas Faro difundía 37.875 exemplares, polo que a difusión en tres anos caeu un 20,2%.

Máis cartos en publicidade

As boas noticias para a prensa en papel en que o mercado publicitario segue a dar síntomas de revitalización, sobre todo estimulado polos anunciantes públicos. La Voz declarou a AEDE, a patronal do sector, uns 1,8 millóns de vendas de publicidade en outubro, o que supún unha suba do 8,4% respecto o ano pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 eusi

A baixada nas vendas e beneficios compénsase cada ano con 2 millóns de euros que a Xunta que lle dá a estes lambóns, sen contar con todas as series das produtoras, moitas delas con audiencias pírricas, e das que xa se comentou mais abaixo.

1 bonsai

máis chupa a TVG. Diñeiro de todos para facerlle propaganda gratis (pagada por nós) á Xunta.

1 anonimo

O problema non está no xornal, que se vende menos incrementa a súa audiencia e o que perde por vendas gañao por publicidade. O problema está nesa televisión, teletenda salvo pola noite e que non ve nin o can, nin á súa agresiva presentadora, que tira patrás xa so pola xestualidade.

1 andywhitaker64

Non so iso, o verdadeiramente alucinante do caso é que a televisión da Voz finánciase co que lle paga polos seus culebróns a TVG, a televisión pública galega, a mesma que pide pechar o editor da Voz en sus delirantes editoriais. Ou sexa, o círculo bananeiro perfecto.

2 Doutor Moreno

E Pisaovos Tabarés tamén chosca o ollo de cando en vez loubando as audiencias e pluralidade das privadas (con lambida de orto, incluida e de cando en vez, a Santiago Rey-acompañada, nesta insólita labor, por Falete Espiñeira as mais das veces -) fronta á manipulación e mínimo visionado das públicas......e a continuación, logo dunhas abradacadabrantes reflexións dos seus paifocos de cabeceira (Barreiro Xesuita Rivas e Blanco Españolista Valdés) poñemos o cazo para que papá estado (Xunta) nos subvencione......