Suspendidos polo TSXG os permisos a Greenalia para construír o parque eólico Monte Toural

A sala asegura que "concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada" porque é "clara" a existencia dun hábitat ecolóxico que "con certeza" se vai a ver afectado as obras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/01/2023 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu a medida precautoria consistente na suspensión dos permisos para construír o parque eólico Monte Toural, por parte de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba.

En concreto, a xustiza acolle a suspensión da desestimación do recurso contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se outorgan as autorizacións administrativas previas e de construción ao parque eólico.

A sala asegura que "concorren as circunstancias que xustifican a adopción da medida precautoria solicitada" porque é "clara" a existencia dun hábitat ecolóxico que "con certeza" se vai a ver afectado as obras.

Ademais, subliña que ese hábitat está recoñecido no Inventario de Humedais de Galicia e no Catálogo de Paisaxes de Galicia, na área de especial protección paisaxística, así como que as especies ameazadas ou en perigo de extinción aparecen catalogadas.

"Ningún destes extremos relativos á singularidade e catalogación de espazos e especies foi discutido", indican os maxistrados, quen recalcan que se acreditou "un risco de dano irreparable derivado da execución das obras que permite a autorización".

PREVALECE A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Nesta liña, a sala entende que, na ponderación de intereses en conflito, a protección do medio ambiente ha de ser, neste caso, prevalente. En canto á alegación de Greenalia respecto de que a medida lle produciría efectos prexudiciais, pois afirma que previu un investimento de máis de 12 millóns de euros, o TSXG destaca que no caso de que a autorización recorrida resulte conforme a dereito "non se van a perder".

"E desde logo a interesada ningunha alegación fai nese sentido, nin de perda de oportunidade pola suspensión cautelar, porque o único que lle deparará como perda, como máximo, será un comezo retardado das obras", argumenta. O tribunal acordou a suspensión do acto sen necesidade de prestación de caución e contra esta resolución cabe interpor recurso.

Hai un mes, o TSXG rexeitou dous recursos interpostos pola Xunta e a compañía enerxética Greenalia contra as decisións ditadas en setembro e outubro para paralizar preventivamente os proxectos eólicos de 'Campelo', tamén entre Coristanco e Santa Comba, e 'Bustelo', entre Coristanco e Carballo.

Foto dun aeroxerador de Greenalia. GREENALIA
Foto dun aeroxerador de Greenalia. GREENALIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta