Temporal.- Un tren descarrila en Silleda por mor dun desprendemento

Tamén houbo varios accidentes múltiples. Miles de estudantes quedan sen escola pola neve en Ourense e Lugo. Máis de 7.200 nenos e nenas resultaron afectados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

As nevadas caídas en Galicia nas últimas horas provocaron un descarrilamento e varios accidentes múltiples. Así, segundo fontes consultadas por GC, na tarde deste mércores un tren descarrilaba á altura de Silleda por un desprendemento de terra. Ao parecer, as malas condicións metereolóxicas están detrás deste sinistro. Segundo as fontes consultadas, non houbo que lamentar feridos.

Tren descarrilado
Tren descarrilado | Fonte: Arquivo - EP

O descarrilamento do tren, que realizaba o traxecto entre Ourense e Santiago, tivo lugar ás 18,00 horas á altura de Silleda, entre a canteira de Campomarzo e Ponte Taboada. Alí, a presenza de rocas e pedras fixo saír da vía ao convoi, no que viaxaban 16 pasaxeiros e o interventor. Este último recibiu un golpe na cabeza a consecuencia do descarrilamento pero non necesitou ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias.

Un corremento de terras que botou pedras á entrada dun túnel foi o causante de que un dos vagóns saira do eixo, segundo a información facilitada polo CIAE 112 Galicia a través dos bombeiros, que afirman que os pasaxeiros do tren atópanse no interior do tren á espera de ser recollidos.

Así as cousas, o tráfico ferroviario entre Ourense e Santiago permanece interrompido debido a este suceso. Na súa conta de Twitter, Adif informou que se estableceu un plan de transporte alternativo por estrada.

285 INCIDENCIAS NO DÍA

Pola súa banda, o temporal continuou xerando incidencias ao longo deste mércores, no que a central do 112 xestionou un total de 285, a maioría (111) por problemas nas estradas asociados coa presenza de neve.

Tamén houbo numerosos feridos nas estradas. Así, tres choques rexistrados á primeira hora da mañá deste miércole na autoestrada AP-9 ao seu paso polo municipio de Fene deixaron catro feridos e unha ducia de vehículos implicados. Estes accidentes producíronse a consecuencia da sarabia caída na zona durante a mañá, que afectou á seguridade da circulación na comarca de Ferrolterra.

O primeiro dos sinistros aconteceu sobre as 8,45 horas no túnel do Sartego, no límite xa con Neda, na sentido dirección a Ferrol. Alí chocaron dous vehículos, o que obrigou a cortar un dos carrís debido a que un dos coches invadiu o sentido contrario. Un dos condutores tivo que recibir asistencia médica tras resultar ferido.

Aos poucos minutos, na saída deste mesmo túnel pero en dirección A Coruña, cinco vehículos protagonizaron outro accidente que se saldou con tres feridos. Todos eles foron evacuados por Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Ribeira Juan Cardona.

Finalmente, minutos máis tarde, producíase tamén outro sinistro por alcance na mesma vía, á altura da peaxe da autoestrada AP-9, nas inmediacións do polígono de Vilar do Colo. Foron catro os vehículos que chegaron a impactar nun sinistro que non deixou feridos pero si danos materiais nos automóbiles. Estes incidentes causaron algunhas retencións na zona, onde a circulación foi máis lenta do habitual.

CANCELACIÓN CLASES

Por o outra banda, tamén provocou a cancelación da actividade lectiva este mércores en 48 centros educativos das provincias de Lugo e Ourense.

En total, segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, máis de 7.200 alumnos e alumnas non acudiron aos seus centros este mércores, no que o transporte escolar permanecía suspendido nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, así como no sur ourensán.

En Lugo, 33 dos 66 centros educativos de toda a provincia afectados pola anulación do servizo de transporte decidiron non abrir as súas portas este mércores. Entre estes e os que decidiron manter a actividade lectiva, case 4.000 alumnos lugueses non acudiron a clase.

Pola súa banda, en Ourense foron 15 os centros que suspenderon as clases este mércores polos efectos do temporal. En total, 54 colexios e institutos da montaña e o sur ourensán víronse afectados as restricións ao transporte pola nevada, o que fixo que case 3.300 alumnos quedáronse en casa.

TRANSPORTE ESCOLAR

Pola súa banda, o servizo de transporte escolar volverá estar operativo este xoves nas zonas das provincias de Lugo e Ourense onde estivo suspendido durante os últimos dous días polos efectos do temporal de neve.

Así o confirmou a Europa Press a Consellería de Educación, que decidiu levantar a suspensión do servizo imposta o pasado luns para as xornadas do martes e este mércores, nas que as zonas de montaña de Lugo e Ourense, así como o sur ourensán, permaneceron en alerta laranxa por nevadas.

 CADEAS PARA SUBIR MANZANEDA

O temporal de neve afectou de maneira importante á montaña de Ourense onde se produciron cortes nas estradas, caídas de árbores e algúns coches saíronse da vía, sen ningún accidente de gravidade.

En San Xoán de Río, na comarca de Trives, a situación "é mala nalgunhas aldeas", segundo apuntou o alcalde da localidade, Xosé Miguel Pérez, a Europa Press. Así, trátase de "a nevada máis grande en anos con medio metro de neve nalgúns pobos". Así mesmo, subliñou que se está botando sal nas zonas máis perigosas e que se espera que ao longo da tarde levouse a cabo este labor en todo o municipio.

Pola súa banda, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, explicou a Europa Press que na estación de montaña "son necesarias as cadeas ou rodas de neve para poder circular" e que houbo "un par de saídas de vía subindo á estación".

PSDEG, AXUDAS PARA AFECTADOS

O Grupo Socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para urxir á Xunta axudas aos municipios afectados polos temporais de comezo de ano. Neste sentido, a viceportavoz parlamentaria socialista, Leticia GalLego, demanda ao Goberno galego activar a Lei de Emerxencias e aprobar un decreto de axudas polos "graves danos" sufridos no comezo de 2023.

"Dado a envergadura dos danos, a orixe natural dos mesmos e nas zonas nas que se produciron, afectando a moitos municipios, consideramos que é necesario actuar con urxencia nestes municipios", avisa Gallego, pois considera que hai derrubes e colapsos que necesitan reparación inmediata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta