O DOG anuncia unha liña de axudas destinadas á mellora do servizo e calidade das traídas de augas

Estas axudas poderán subvencionar os investimentos realizados desde o día 1 de xaneiro de 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores unha nova convocatoria de axudas para a mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cunha partida de 500.000 euros.

Segundo sinalou a Xunta nunha nota de prensa, esta liña de axudas está destinada a impulsar actuacións que melloren a prestación do servizo de abastecemento de auga para consumo humano e a calidade de auga xestionadas por comunidades de usuarios, fomentando o emprego eficiente dos recursos hídricos.

Así, estas axudas cubrirán o 80% do financiamento das actuacións que resulten elixidas, seguindo criterios obxectivos, ata un máximo de 15.000 euros por cada proxecto.

Deste xeito, o 40% do importe da convocatoria destinarase ao financiamento de proxectos de comunidades de usuarios de ata 50 membros. Os 300.000 euros restantes están dirixidos a actuacións de comunidades con máis membros.

Para poder optar a estes incentivos, as comunidades de usuarios deberán estar constituídas legalmente, sendo compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas.

Estas axudas poderán subvencionar os investimentos realizados desde o día 1 de xaneiro de 2023. Así, é posible solicitalos a partir deste xoves e no prazo dun mes.

Unha billa de auga
Unha billa de auga | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta