Morre o condutor dun camión formigoneira despois de caer por un desnivel en Manzaneda

Os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto un helicóptero medicalizado para atender ao camioneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Un home de 60 anos morreu ao caer por un desnivel o camión formigoneira que conducía por unha estrada de Manzaneda.

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, ocorreu ao redor das 11,20 horas no punto quilométrico 15 da OU-0701, á altura da parroquia de San Miguel de Bidueira.

O 112 recibiu o aviso a través da chamada dun particular e, seguidamente, puxo en marcha un dispositivo no que participaron o GES de Castro Caldelas, Protección Civil de Manzaneda, a Garda Civil, os bombeiros de Valdeorras e Urxencias Sanitarias-061.

Os servizos sanitarios mobilizaron ata o punto un helicóptero medicalizado para atender ao camioneiro, un veciño de Manzaneda de 60 anos que resultou falecido.

A estrada está cortada ao tráfico por mor deste aparatoso accidente do que se investigan as causas.

Camión formigoneira despeñado en Manzaneda (Ourense) e que deixa un falecido.. GARDA CIVIL
Camión formigoneira despeñado en Manzaneda (Ourense) e que deixa un falecido.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta