Un acusado de malos tratos e violación culpa á súa parella das agresións e di que non a denunciou para que "non se risen" del

A Fiscalía solicita para el unha condena de 17 anos e 3 meses de prisión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este mércores un xuízo contra un home acusado de maltratar de maneira habitual, lesionar e violar á súa parella, á que culpou das agresións sufridas, asegurando ao tribunal que non a denunciou para que "non se risen" del.

"Se vou denunciar íase a rir de min a Garda Civil, non me ían a facer nin caso", xustificou este mozo, veciño de Vilagarcía de Arousa, que se declarou inocente, negando todos os feitos dos que está acusado.

A Fiscalía solicita para el unha condena de 17 anos e 3 meses de prisión polos delitos de malos tratos habituais contra a muller, lesións, agresión sexual con penetración, ameazas e inxurias.

O escrito de acusación relata que o procesado mantiña unha relación sentimental coa vítima, coa que ten dous fillos en común menores de idade. Esta relación terminou en agosto de 2018, cando ela interpuxo unha denuncia por malos tratos.

Con todo, ambos volveron posteriormente a vivir xuntos e foi entón, segundo o relato da muller, cando o procesado comezou a exercer violencia física contra ela con empuxóns, golpes contra a porta, tiróns de pelo e ata puñadas. Ademais, afirma que se comportaba de maneira controladora e posesiva e ameazábaa con quitarlle aos seus fillos para forzala a manter relacións sexuais.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta