Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2023 | Actualizada ás 13:37
A autovía Santiago-Brión rexistrou este luns un accidente múltiple no que se viron implicados cinco vehículos e que se saldou cun ferido e importantes retencións na entrada cara a Compostela.
Segundo a información do 112-Galicia, o choque tivo lugar sobre as 10,00 horas no quilómetro 3 da AG-56, en sentido Santiago, á altura da parroquia de Laraño.Tratouse dunha colisión por alcance na que se viron implicados unha furgoneta e catro turismos.
Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, que prestaron asistencia a un ferido, así como de Bombeiros de Santiago, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil e mantemento da vía. Como foi necesario cortar momentaneamente a circulación, na área rexistráronse importantes retencións de acceso a Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.