Morre un mariñeiro de Ribeira en Namibia a causa dun atropelo

Este veciño de Ribeira, da contorna de 60 anos, era o xefe de máquinas. Agora, a familia e as autoridades traballan na repatriación do corpo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 06/02/2023 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

Un veciño de Ribeira, xefe de máquinas nun barco de Nova Pescanova, faleceu como consecuencia dun atropelo en Namibia, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais e da compañía.

Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela
Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela | Fonte: Nova Pescanova

Ocorreu esta fin de semana na cidade de Walvis Bay, cando o home volvía cara ao barco 'Natale Senior', un arrastreiro duns 36 metros de eslora.

Este veciño de Ribeira, da contorna de 60 anos, era o xefe de máquinas. Agora, a familia e as autoridades traballan na repatriación do corpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta