Entregadas no Parlamento máis de 50.000 sinaturas a favor da ILP para a reforma de atención primaria

Os documentos preséntanse a cinco días da manifestación convocada para a defensa da sanidade pública.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública entregou este martes máis de 50.000 firmas que avalan a iniciativa lexislativa popular en defensa da sanidade e de apoio á atención primaria, nunha xornada coincidindo coa primeira sesión plenaria desta semana e a cinco días da manifestación do próximo domingo 12 de febreiro, que se espera "tremendamente importante" por parte da organización.

Así, os impulsores da ILP, que contan co apoio dos grupos políticos da oposición (BNG e PSdeG) e dos extraparlamentarios de esquerdas (Podemos, Anova e Esquerda Unida), entregaron tres caixas coas firmas recompiladas nos últimos meses, un número "histórico", en palabras do portavoz da plataforma, Manuel Martín, que converte a iniciativa popular máis apoiada que chegou ao Pazo do Hórreo.

"É a iniciativa lexislativa con maior apoio da historia da democracia galega. Cremos que reflicte o clamor da comunidade, da poboación en contra da situación tan terrible que temos na atención primaria, que está en risco de desmantelamento e, a medio prazo, de privatización se non pomos remedio a esta situación", salientou Manuel Martín.

Rexistro das 50.000 firmas de apoio da iniciativa lexislativa popular (ILP)
Rexistro das 50.000 firmas de apoio da iniciativa lexislativa popular (ILP) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta