Ortiga e Grande Amore celebrarán por todo o alto o Día dos Medios en Galego

A Xunta destacou este martes "o valioso labor dos 130 medios que a día de hoxe usan a lingua galega para facer xornalismo"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A Asociación de Medios en Galego (Amega), en colaboración coa Xunta e o Concello de Santiago, organizou este xoves na Sala Capitol unha xornada festiva cos concertos de Ortiga e Grande Amore, dentro da programación do Día dos Medios en Galego.

Esta xornada conmemorativa celébrase cada 7 de febreiro -- desde 2018 --, coincidindo coa primeira publicación xornalística en lingua galega, 'Ou Tío Marcos d'a Portela', editada por Valentín Lamas Carvajal en 1876.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou este martes "o valioso labor dos 130 medios que a día de hoxe usan a lingua galega para facer xornalismo". Así mesmo, expresou o seu desexa de que esta conmemoración "contribúa a divulgar estas cabeceiras" e tamén "anime a outros a incorporar cada vez máis o galego nas súas páxinas".

Ortiga e Grande Amore en concerto no Día dos Medios en Galego
Ortiga e Grande Amore en concerto no Día dos Medios en Galego | Fonte: Amega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta