A Xunta critica a "falta de empatía" da CE coas cotas pesqueiras de 2023

Bota en falta que o Goberno central "non faga máis".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O director xeral de Pesca, Antonio Basanta, reprochou a "falta de empatía evidente" cara ao sector por parte da Comisión Europea na negociación dos TAC e cotas para 2023, de forma que critica que "moitas destas propostas adoecen do propio informe socioeconómico e do propio impacto que ten para moitas frotas".

En resposta a unha pregunta do PPdeG na Comisión de Pesca acerca das últimas negociacións de cotas, Basanta lamentou que os resultados son "negativos", con "poucos" avances e "pouca negociación" por parte da Comisión Europea.

Ademais, apunta ás dificultades para buscar alianzas con Estados con intereses compartidos con España. Bota en falta "traballo previo" por parte do Goberno central, posto que a esas negociacións debe chegarse cun traballo de "365 días" e non deixar todo a "estudar 20 minutos antes do exame". "Abordar simplemente con negociación no propio Consello (de ministros de Pesca) sería perder o tempo", avisa.

Precisamente, queixouse do recorte ao xurelo e os "factores negativos" de que pase a ser especie de cota accesoria. Lembra que a Xunta xa remitiu un informe sobre o impacto de 30 millóns de euros que supón para o sector e reclama maior flexibilidade no intercambio entre zonas.

O director xeral de Pesca, Antonio Basanta, na Comisión de Pesca
O director xeral de Pesca, Antonio Basanta, na Comisión de Pesca | Fonte: CAPTURA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta