Queres actuar en Allariz na Semana Santa?

A área de promoción económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para artistas que desexen participar no programa cultural da 'Semana Santa ao Vivo 2023'.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 15/02/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o concello organiza unha proposta cultural que conxuga arte, tradición e cultura.

Unha actuación no ciclo 'Semana Santa ao Vivo' (2019). Foto: Concello de Allariz
Unha actuación no ciclo 'Semana Santa ao Vivo' (2019). Foto: Concello de Allariz

Entre o 6 e o 9 de abril, as rúas do casco histórico da vila do Arnoia acollerán artistas de diferentes estilos musicais para amenizar o paseo da veciñanza e dos visitantes. Este proxecto cultural, coñecido como "Semana Santa ao Vivo", abrangue sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

BASES DA PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN

As bases completas para participar están publicadas na páxina web do Concello de Allariz contemplando nelas asuntos como as datas e o lugar da actuación, contraprestación, responsabilidade, etc; e o prazo de inscrición para artistas estará aberto ata o día 3 de marzo ás 14:00 h.. Para inscribirse é preciso enviar un formulario debidamente cumprimentado ao correo dinamizacioneconomica@allariz.gal á atención da Área de Promoción Económica do Concello de Allariz.

A selección será comunicada ás persoas inscritas, a través de correo electrónico, o día 10 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta