Zona Franca de Vigo colaborará coa Axencia Europea de Control da Pesca para facer estudos do sector

Por E.P. | VIGO | 17/02/2023 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O Consorcio Zona Franca de Vigo ofreceu á Axencia Europea de Control da Pesca, con sede na cidade olívica, iniciar unha colaboración para facer estudos do sector. Así llo trasladou o delegado do Estado, David Regades, á directora da axencia, Susan Steele, durante unha reunión na que puxeron en común as actividades das dúas institucións públicas e as posibles vías de traballo conxunto.

"En Zona Franca temos experiencias exitosas co ámbito da pesca, tanto a través da colaboración con Conxemar e o seu informe anual do sector do conxelado, que é único en Europa, como coa Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), a través dun estudo das sociedades mixtas pesqueiras, que será pioneiro e porá sobre a mesa por primeira vez uns datos que ata agora non se analizaron", indicou Regades, segundo recolle Zona Franca nun comunicado.

Para el, as industrias vinculadas ao mar e a economía do mar forman parte da esencia e o nacemento da Zona Franca, que conta ademais cunha aceleradora do sector, MarExterior. "A innovación é importante para o futuro da pesca sustentable en Europa. A Axencia está moi centrada no seu mandato e comprométese a facer de ponte con outros organismos da Unión Europea que estuden tamén sobre os temas relacionados co océano", subliñou Susan Steele.

Susan Steele e David Regades.. ZONA FRANCA
Susan Steele e David Regades.. ZONA FRANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta