Buscando aos responsables do asasinato de Moncho Reboiras 47 anos despois

A querela vai contra os integrantes dos corpos de seguridade do Estado que participaron no operativo no que foi abatido, en 1975.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

Manuel Reboiras, irmán do sindicalista Moncho Reboiras, abatido a tiros en agosto de 1975 en Ferrol por axentes policiais, cando estaba a ser perseguido por varios rúa do barrio da Magdalena, presentou este venres unha querela criminal para reclamar que "as vítimas e verdugos do franquismo teñan nome propio".

Así o dixo ante os xulgados de Ferrol, onde se presentou unha querela criminal contra integrantes das forzas e corpos de seguridade do Estado que participaron no operativo no que faleceu o seu irmán.

Manuel Reboiras, visiblemente emocionado, asegurou que se desprazou ata a sede xudicial de Ferrol "como irmán de Moncho" para "agradecer a loita que están a levar a cabo as organizacións que están a pór en pé os crimes do franquismo". "Esperamos que, nun futuro non moi remoto, todas estas violencias, torturas e asasinatos que se produciron teñan un camiño e un futuro que poida ser recoñecido", dixo.

A letrada Irene Álvarez detallou que a denuncia se presentou por "un delito de asasinato en concurso de lesa humanidade", xa que a morte de Moncho Reboiras produciuse tras "o despregamento duns 300 axentes de distintos acuartelamentos, como Ferrol, Lugo e León".

A avogada incidiu en que na denuncia faise constar que "este asasinato se produce nun contexto de persecución e violencia sistemática, levada a cabo por un Estado ditatorial franquista" tanto en Ferrol como en Vigo, desde os anos previos, "cando o movemento obreiro comezaba a contestar o franquismo".

Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS
Homenaxe a Moncho Reboiras do MGS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta