O PP ourensán di que a nova Lei de Seguridade Cidadá "facilitará a imposición nas rúas dos delincuentes"

Denuncia o "preocupante aumento dos íncides de criminalidade" na provincia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Os deputados do Partido Popular no Congreso por Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, denunciaron este venres o "preocupante aumento dos índices de criminalidade" na provincia, á vez que criticaron a reforma da Lei de Protección de Seguridade Cidadá, asegurando que "facilitará a imposición nas rúas dos delincuentes" e que supón "un grave erro".

Os populares aseguraron que o rexistro de infraccións penais entre xaneiro e setembro de 2022 mostra un incremento do 17% en toda Galicia, con especial incidencia nos delitos contra a liberdade sexual, os roubos con violencia e mesmo as pelexas.

En concreto, a deputada Ana Vázquez referiuse a a provincia de Ourense, asegurado que a análise dos índices de criminalidade permite comprobar como entre xaneiro e setembro do pasado ano rexistráronse na provincia 7.194 delitos, unha subida de "máis de mil con respecto ao mesmo período do ano anterior".

Nesta liña, Vázquez criticou as voces que sitúan este aumento no final das restricións da pandemia, xa que "en 2021 houbo 1.872 delitos máis que os rexistrados no último trimestre de Goberno do Partido Popular en 2017", manifestou.

De forma particular, sinalou que os delitos contra a liberdade sexual aumentaron un 39%, pasando de 59 en 2021 a 82 no mesmo intervalo do 2022, e as agresións sexuais de 9 a 11, mentres que "o resto dos delitos destas características subiron a un máis que preocupante 42%, chegando ata os 71 casos".

Nesta mesma liña interveu o deputado Celso Delgado subliñando a "preocupante incidencia" dos delitos contra a liberdade sexual e esgrimindo que a Lei de Só Si é Si "facilitou na provincia dez rebaixas de penas e dúas excarceracións" o que, considera, "supón un desprezo ás vítimas" como "consecuencia dunha lei nefasta".

LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ

Tamén sinalaron o aumento nos furtos, nun 54,7%, os roubos con violencia, nun 47,5%, e as subtraccións de vehículos, cun 39,4%. "É unha grave situación á que se suma a inoportuna e inadecuada derrogación parcial da Lei de Protección de Seguridade Cidadá", manifestaron os populares, indicando que isto "desprotege ás forzas e corpos de seguridade do Estado" e "facilitará a imposición nas rúas dos delincuentes".

Así, para Ana Vázquez, "mentres crecen os índices" de criminalidade, "nada xustifica que se impulse unha contrarreforma da lei que afectará negativamente as condicións de traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade e, en consecuencia, á eficacia da súa actuación".

"É un erro totalmente a nova lei, non pode haber política de buenismo", subliñou Vázquez, sostendo que, fronte a isto, o Partido Popular presentará unha proposición de lei "para loitar contra a multirreincidencia, porque o 26% dos detidos son multireincidentes". Na súa proposta, "aqueles que teñen tres faltas por furto leve" irían "a prisión", modificando o artigo 235 do Código Penal, así como "aqueles que teñan tres faltas leves por estafa.

Os deputados populares lembraron que esta lei foi aprobada en 2015 polo Goberno do Partido Popular, avalada polo Tribunal Constitucional nunha sentenza do 2020 e polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, e que "foi unha ferramenta moi útil durante o estado de alarma para o exercicio das nosas liberdades e dereitos e para a protección dos corpos de Policía".

INCREMENTO DE POLICÍAS

Ademais, en relación aos corpos de seguridade, o Partido Popular denunciou que aínda non se creou a Unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil, aprobada no Congreso en 2020, o que sitúa a Ourense e a Lugo como "as dúas únicas provincias de España sen esta unidad".

No caso concreto de Ourense, afearon que "faltan cen gardas civís" e só o 10% dos cuarteis abren as vinte e catro horas. Así mesmo reclamaron que a Unidade de Prevención e Reacción de Policía Nacional, creada en 2016, "carece de material" e que, dos 500 que deberían integrar a Unidade Adscrita á policía autonómica, "só hai 363 prazas cubertas".

Rolda de prensa do PP en Ourense.
Rolda de prensa do PP en Ourense. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta