Xulgado un policía nacional por ser presunto autor do furto dun móbil na Coruña

Segundo a Fiscalía, o suceso ocorreu despois dun roubo nunha tenda de móbiles aproveitando o xulgado para levar un teléfono de 722 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 23, ás 10,00 horas, o xuízo contra un policía nacional como presunto autor do furto dun móbil na cidade herculina, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). En xullo de 2017, desprazáronse a un establecemento de venda de móbiles uns axentes da Policía Nacional tras recibir a chamada da encargada polo aviso dun roubo.

"Os dous axentes dedicáronse a inspeccionar o establecemento para descubrir os vestixios que puidesen deixar o autor ou autores do feito e constatar o elevado número de teléfonos móbiles subtraídos de entre os que alí se atopaban depositados ou expostos para a súa venda, así como os que deixaran preparados", sinala Fiscalía.

Tamén engade que nese momento uno dos axentes "fíxose" cun móbil, cun prezo de 722 euros, "aproveitando a desorde xerada no comercio e que a encargada, pola condición de policías nacionais do acusado e do seu compañeiro, estaba convencida da súa honestidade, de que non se ían a aproveitar da situación e de que non facía falta vixiar os seus pasos polo establecemento".

"Ocultouno ao saír do local e quedou con el coa convicción de que, dada a cantidade de aparellos aparentemente subtraídos, a responsable do comercio pensaría que formaba parte dos que inicialmente levaron o autor ou autores do roubo". No entanto, engade Fiscalía, "as investigacións policiais que levaron a cabo con autorización xudicial permitiron, semanas despois, localizar dito terminal en poder doutra persoa, da que non existe constancia que coñecese a súa orixe ilícita ao recibilo".

"Ata ela chegou tras usalo o acusado durante uns días e desfacerse finalmente del por medios que non puideron ser concretados", indica o escrito de cualificación de Fiscalía, que pide para o axente 15 meses de prisión.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta