A Deputación da Coruña empeza a obra da senda peonil de Centroña con máis de 3 quilómetros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña iniciou a obra da senda peonil de Centroña (Pontedeume), que se estenderá máis de 3 quilómetros, cun investimento de 1.108.202 euros e un prazo de execución de catro meses.

Segundo trasladou a institución nun comunicado, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, supervisaron o inicio das obras que conectará os núcleos eumeses de Ventosa, Vizus, O Portiño e Centroña.

Deste xeito, o obxectivo é mellorar a seguridade nunha estrada provincial -- DP 4803 --, que rexistra un elevado volume de tráfico diario, xa que conecta os concellos de Miño e Pontedeume pola costa e dá acceso a numerosas praias.

Fernández destacou que estas obras "suporán unha mellora para as persoas que se desprazan a pé pola zona e que ata agora tiñan que transitar pola estreita marxe da estrada".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta