Publicadas as bases do V Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño cun premio de 2.000 euros

O certame persegue crear un fondo de textos para ser representados polo alumnado

Por E.P. | O Porriño | 20/02/2023 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocaron este luns o V Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado de ensino secundario, así como honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño.

Segundo trasladou Galaxia nun comunicado, poderán concorrer a este premio todas as persoas que o desexen, con textos inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega, fóra dos gañadores das dúas edicións anteriores.

Nesta liña, as obras serán de temática e extensión libre, aínda que se deberá ter en conta que o seu propósito é ser interpretadas por alumnado de entre 12 e 18 anos. Deste xeito, o premio constará de 2.000 euros, que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da Editorial Galaxia.

Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta