Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2023 | Actualizada ás 18:11
O sindicato CC.OO denunciou, coincidindo co Día Internacional contra a Brecha Salarial de Xénero, a diferenza salarial entre homes e mulleres en Galicia, que se sitúa nun 22%.
CC.OO explicou nun comunicado este mércores que a brecha de xénero no mercado laboral, entre outras cousas, tradúcese en peores condicións, temporalidade, maior parcialidad e peores salarios.
Así, insistiu en trátase de "unha inxustiza social estrutural e consolidada", que "fai recaer nas mulleres a responsabilidade dos coidados, discriminándoas tanto no acceso ao traballo como na permanencia nel".
Deste xeito, apuntou, entre outros asuntos, a falta de correspondencia nos coidados, onde o 88% son mulleres, ou a diferenza na retribución das pensións, na que os homes perciben un 35% máis que elas.
O informe presentado por CC.OO denunciado esta situación de desigualdade foi elaborado ña Secretaría de Mulleres e Políticas de Igualdade e LGTBI+ de CCOO de Galicia, en colaboración co Gabinete de Igualdade.
Esta análise destaca que "a pesar de que os avances son notables", algúns estudos "afirman que, xa antes da pandemia, a franxa temporal para conseguir a igualdade real entre traballadoras e traballadores incluiría, polo menos, as próximas tres xeracións en Europa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.