Patricia Igrexas subliña a necesidade dun plan de contabilidade pública e lamenta a falta de medidas ante a masiva xubilación dos empregados públicos.
  comenta   0
O Executivo impulsará modificacións lexislativas para clarificar a capacidade de decisión das comunidades de veciños sobre a instalación de pisos turísticos, respondendo ás preocupacións polo aumento de prezos no aluguer residencial.
  comenta   0
Segundo o titular de Consumo, o 10 % do parque inmobiliario nalgunhas cidades de España destínase xa ás vivendas de uso turístico, provocando que "suban os prezos, que as persoas novas non se poidan emancipar, que as familias non teñan acceso a un aluguer e se teñan que ir das cidades".
  comenta   0
A sentenza dá resposta á petición de tres traballadoras interinas da Generalitat de Cataluña e cuxa praza quedou ocupada por un funcionario de carreira que alegaban que o seu traballo non respondía a necesidades temporais, urxentes e excepcionais, senón ordinarias, duradeiras e permanentes.
  comenta   0
Resulta "incompatible" co sistema español de Administración Pública, baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
  comenta   0
A secretaria xeral da organización xuvenil, Marta Gómez, denunciou que a mocidade galega leva anos "sufrindo as consecuencias das políticas do sistema capitalista" que, engadiu, obrígaos " á emigración forzosa ou á precariedade máis absoluta".
  comenta   0
A mobilización central será na Coruña contra "o roubo e saqueo", nun contexto no que un terzo dos asalariados non chega ao salario mínimo.
  comenta   0
A aula Castelao presentou este martes o nome dos relatores que participarán na próxima edición da Semana Galega da Filosofía que se celebrará entre o 1 e o 5 de abril no Teatro Principal de Pontevedra. O programa volverá ter sesións de mañá, tarde e noite.
  comenta   0
A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, denunciou que a reforma laboral de 2021 "agravou máis a fenda salarial de xénero", que os traballos temporais e parciais "seguen sendo desempeñados maioritariamente por mulleres" e que "os plans de igualdade non son útiles para deter os abusos contra as traballadoras".
  comenta   0
O primeiro estudo económico da industria musical galega cifra o seu impacto en máis de 227 millóns de euros. Os investigadores encargados do informe aseguran que "cada euro das administracións públicas multiplícase por tres no sector"
  comenta   0
A temporalidade é case como a media e a porcentaxe de ocupados a xornada parcial indesexada supera á do conxunto estatal.
  comenta   0
O BNG denunciou en múltiples ocasións a "precariedade" á que a Xunta somete a este servizo que conta con "unha das taxas de temporalidade máis altas de toda a administración".
  comenta   0
Deste xeito, Galicia acumula dous meses consecutivos (agosto e setembro) de perda de cotizantes. Non entanto, na comparativa con setembro de 2022 hai 21.766 afiliados máis na comunidade, un 2 % máis.
  comenta   0
O deputado do Bloque Daniel Pérez preguntou polos datos do paro en Galicia en agosto, cun incremento do 0,22 % respecto de xullo e unha perda de 4.217 afiliados á Seguridade Social. Advirte dunha caída da poboación ocupada en todos os sectores na comunidade desde 2009, "especialmente na industria".
  comenta   0
Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, e aínda que poida pensarse que iso lles facilita máis oportunidades de acceso ao mercado laboral aos poucos que hai, non é así, son os que pagan os grandes defectos do mercado laboral galego.
  comenta   0
O BNG critica o "conflito laboral" aberto e o director xeral do ente público denuncia que "aos nacionalistas só lle importan algúns traballadores, non todos os da CRTVG".
  comenta   0
Delas, 3.900 son por concurso-oposición e o resto por concurso de méritos. A prioridade é enfermaría e atención primaria.
  comenta   0
Iso se extrae dun informe de CC.OO que tamén indica a falta de correspondencia nos coidados, onte o 88% son mulleres
  comenta   0
Galicia rexistra unha taxa de absentismo laboral do 6,5%, case un punto por encima da media do Estado (5,6%) e a segunda máis alta entre comunidades
  comenta   0
No caso das enfermeiras, as comunidades autónomas convocaron un total de 15.518 prazas, a través do concurso de méritos, e outras 7.585, a través do concurso/oposición.
  comenta   0